Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/04/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 7 DE ABRIL DE 2020

N.º 080

CONCELLOS
PALAS DE REI
Anuncio Polo Pleno do Concello, en sesión extraordinaria urxente celebrada o día 16 de marzo de 2020, aprobouse, con carácter provisional, a modificación das seguintes ordenanzas:
1. Modificación da Ordenanza Fiscal Nº 15, reguladora da taxa por recollida de lixo e residuos sólidos urbanos.
O Pleno, por unanimidade, acorda:
PRIMEIRO. Aprobar provisionalmente a modificación da Ordenanza Fiscal Nº 15, reguladora da taxa por recollida de lixo e residuos sólidos urbanos, nos termos seguintes:
Introdúcese unha Disposición Adicional, co seguinte tenor literal:

Cando se produzan situacións catastróficas ou infortunios públicos, previo recoñecemento da situación de emerxencia polo Pleno, os afectados quedarán exentos do pago da taxa no período ou períodos de cobranza correspondentes en tanto perdure a situación de emerxencia.
O Alcalde será competente para establecer o procedemento abreviado, prazos de solicitude e resolución dos expedientes.
Cando existiran concesións ou contratos de servizo, comunicarase ás empresas adxudicatarias para que non efectúen as facturacións, asumindo o pago o concello en concepto de subvención co obxecto de garantir o equilibrio económico da prestación.
SEGUNDO. Publicar a aprobación provisional e exposición do expediente no taboleiro de anuncios deste Concello e no Boletín Oficial da Provincia, por prazo de trinta días hábiles, dentro dos cales os interesados poderán examinalo e formular as reclamacións que estimen oportunas.
Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello.
TERCEIRO. Considerar, no caso de que non se presentasen reclamacións ao expediente no prazo anteriormente indicado, que o Acordo é definitivo, de conformidade co establecido no artigo 17.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
E para que conste e incorporar ao expediente da súa razón expido a presente en Palas de Rei, data e sinatura electrónicas.
En Palas de Rei, a 16 de marzo de 2020. O Alcalde, Pablo Jose Taboada Camoira
2. Modificación da Ordenanza Fiscal Nº 16, reguladora da taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga.
O Pleno, por unanimidade, acorda:
PRIMEIRO. Aprobar provisionalmente a modificación da Ordenanza Fiscal Nº 16, reguladora da taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga, nos termos seguintes:
Introdúcese unha Disposición Adicional, co seguinte teor literal:
Disposición Adicional Primeira. Exencións en caso de catástrofe ou de infortunios públicos.
Cando se produzan situacións catastróficas ou infortunios públicos, previo recoñecemento da situación de emerxencia polo Pleno, os afectados quedarán exentos do pago da taxa no período ou períodos de cobranza correspondentes en tanto perdure a situación de emerxencia.

Anuncio publicado en: Num BOP 80 año 2020 07/04/2020
02/04/2020 08:00:00
12:00:58

Disposición Adicional Primeira. Exencións en caso de catástrofe ou de infortunios públicos.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/04/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date07/04/2020

Page count4

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones