Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/03/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 25 DE MARZO DE 2020

N.º 069

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Maderas Masma, SL solicita de Augas de Galicia a legalización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.70697

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lourenzá ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 13 de marzo de 2020.- a xefa do Servizo Territorial de Lugo Rocío Carreira Carral.
R. 0662

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio Polo Presidente da Excma. Deputación Provincial de Lugo, en data vinte e catro de marzo de dous mil vinte, ditouse a seguinte resolución:
Logo de ver a proposta da Sra. Secretaria Xeral da Deputación Provincial de Lugo, do seguinte teor:
O art. 59 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo regula a delegación de atribucións da Presidencia na Xunta de Goberno.
O art. 54 apartado 48 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo establece que é atribución do Presidente o exercicio de accións xudiciais e administrativas en defensa dos actos en materia da súa competencia da Deputación Provincial, con carácter de urxencia, e nos demáis casos de actos administrativos propios do Presdidente/a, cando o considere oportuno ainda que realizase delegación na Xunta de Goberno.
Por Decreto da Presidencia, de data 15 de marzo de 2020, dispúxose entre outros extremos, a suspensión das sesións periódicas ordinarias dos órganos colexiados da Deputación Provincial de Lugo Xunta de Goberno, Pleno e Comisións Informativas, co motivo do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Coa finalidade de que a administración provincial continúe, na medida do posible, cun funcionamento normal e que os cidadáns non se vexan afectados, mais do imprescindible, procede adoptar as medidas necesarias para seguir ditando os actos administrativos precisos para que a actividade citada dos cidadáns véxase interrumpida do menor xeito posible.
O artigo 9 da Lei 40/2015 de 1 de outubro de Réxime Xurídico das Adminitracións Públicas establece que:

Anuncio publicado en: Num BOP 69 año 2020 25/03/2020 09:10:00
08:41:24
09:00:00

As obras solicitadas consisten na legalización de dúas naves situadas nas parcelas con referencias catastrais 000401500PJ31D0001FZ, 27027B005060040000LE e 27027B005060040001BR, na zona de policía do río Baos, no lugar de Vilanova, na parroquia de Santa María, no concello de Lourenzá Lugo

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/03/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date25/03/2020

Page count4

Edition count3288

Première édition01/03/2013

Dernière édition27/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones