Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/02/2020

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 031 venres, 7 de febreiro de 2020

CAUDAL INSTANTÁNEO:

0,18 litros/segundo
DESTINO:

uso gandeiro
ORIXE:

pozo de barrena
LUGAR:

A Rega
PARROQUIA:

San Pedro de Mor
CONCELLO:

Alfoz
BOP Lugo
Descrición:
O aproveitamento consistirá na captación das augas a través dun pozo de barrena. A obra da captación consistirá nunha arqueta de fábrica de formigón de 1,3 x 1,2 m2, en cuxo interior se colocarán 3 aros de formigón soterrados no terreo de 0,8 m de diámetro e pechada con tapa de aceiro; que estará situada na parcela 180 do polígono 1 do acordo de concentración parcelaria do Val de Alfoz, no punto con coordenadas datum ETRS89: 627361, 4821778. As augas extraeranse cunha bomba somerxible a través dunha tubaria de 50 mm de diámetro. Desta arqueta sairá unha tubaria de PE canalizada de 32 mm de diámetro nominal e 252 m de lonxitude, que discorrerá soterrada na súa totalidade polo devandito predio ata un depósito de almacenaxe de 3
m3 de capacidade situado ao pe da nave porcina onde se consumirán as augas.
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días naturais a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 30 de xaneiro de 2020.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.

CONCELLOS
CASTRO DE REI
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Aprobado por Decreto de Alcaldía de data 30 de xaneiro de 2020 o Padrón Tributario das taxas pola prestación dos servizos de Abastecemento de auga, Saneamento e Recollida de lixo e Canon da auga, correspondente ó 3º trimestre de 2019, exponse ó público durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no BOP, para o seu exame e posibles reclamacións.
Contra o acordo de aprobación e as liquidacións consignadas no referido Padrón contributivo e notificadas colectivamente perante o presente anuncio, os interesados poderán interpoñer, recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición pública.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
A repercusión do Canon da auga, poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto nos artigos 24 e 68.1 b do Regulamento Xeral de Recadación, fíxase como prazo de pago en período voluntario, o comprendido entre o 3 de febreiro e o 3 de abril de 2020, ambos inclusive.
Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Ó resto seranlles enviados ó domicilio declarado do suxeito pasivo para que efectúen o pago en calquera das sucursais bancarias do Concello de Castro de Rei.
A falta de pagamento no período voluntario suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Castro de Rei, 30 de xaneiro de 2020.-O Alcalde, Francisco Javier Balado Teijeiro.
R. 0234

Anuncio publicado en: Num BOP 31 año 2020 07/02/2020
06/02/2020 08:00:00
13:39:47

R. 0233

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/02/2020

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date07/02/2020

Page count14

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones