Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/12/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 280 sábado, 7 de decembro de 2019

BOP Lugo
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de O Páramo e Sarria e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestuturas de Lugo Edificio Administrativo, Ronda da muralla, nº 70 27071 Lugo.
Así mesmo realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.
A dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente, ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, así como certificado de conta cos códigos IBAN E BIC, a fin de proceder aos sucesivos pagos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar á súa costa, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.
Lugo, 25 de novembro de 2019.- O xefe do Servizo Provincial, Gerardo Pallares Sánchez.
R. 3676

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
INTERVENCIÓN
Anuncio
Lugo, cinco de decembro de dous mil dezanove.- O PRESIDENTE, José Tomé Roca. A SECRETARIA XERAL, María Esther Álvarez Martínez.
R. 3712

CONCELLOS
BARREIROS
Anuncio No pleno do 7 de outubro de 2019 aprobase inicialmente o Regulamento Orgánico do concello de Barreiros, e, ó non terse presentado reclamacións durante o período de información pública, a aprobación provisional adquire o carácter de DEFINITIVA, polo que, de conformidade co artigo 70.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, procedese á publicación do texto íntegro para a súa entrada en vigor:
REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL DE BARREIROS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Barreiros debe afrontar nos vindeiros tempos un intenso labor de acondicionamento, mellora e ampliación do marco normativo municipal. Os cambios lexislativos en ámbitos superiores e a adecuación aos avances técnicos obrigan a revisar algunhas das normas municipais. Pero ademais, o goberno municipal quere modernizar o funcionamento do Concello, co propósito de facelo máis eficaz, máis eficiente, máis transparente e máis participativo.
Neste senso, o presente regulamento pretende dotar o Concello dun marco orgánico e de funcionamento, que asegure o bo facer dos órganos políticos da institución, así como a súa transparencia e apertura cara á veciñanza.
O obxectivo é mellorar o funcionamento do Concello, e que iso teña reflexo na mellora da calidade dos servizos que presta e no aseguramento da democracia local.
O regulamento contén un título preliminar, onde se fixa o marco competencial no cal se inscribe. Posteriormente o título primeiro recolle cales son os diferentes órganos de carácter político existentes no Concello de Barreiros.
O título segundo desenvolve as competencias que asume cada un dos órganos da institución. Namentres o título terceiro contén os artigos que regulan o funcionamento dos órganos colexiados, nomeadamente do pleno da corporación. Por último, no título cuarto desenvólvese o estatuto que regula ós membros da corporación, mentres o sexto asegura a participación veciñal nos asuntos locais e permite avanzar cara a unha democracia verdadeiramente participativa e centrada na veciñanza.

Anuncio publicado en: Num BOP 280 año 2019 07/12/2019
05/12/2019 08:00:00
14:25:47

Aprobado inicialmente polo Pleno desta Excma. Deputación Provincial, en sesión extraordinaria celebrada o día cinco de decembro de dous mil dezanove, o Proxecto de Orzamento da Deputación Provincial para o ano 2020, e documentación que se acompaña; exponse ao público na Secretaría desta Deputación, por espazo de 15 días hábiles, en cumprimento do disposto nos artigos 112.3 da Lei 7/85, de 2 de abril, durante os cales admitiránse reclamacións aos mesmos, transcorrido dito prazo sen que se presentaran reclamacións entenderase definitivamente aprobado, de conformidade co disposto no art. 169 do Real Decreto 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/12/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date07/12/2019

Page count21

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031