Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/09/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 10 DE SETEMBRO DE 2019

N.º 208

CONCELLOS
BARREIROS
Anuncio CONVOCATORIA PARA CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO PARA POSTOS DO SERVIZO DE AXUDA NO
FOGAR COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL NO CONCELLO DE BARREIROS
Por Resolución de alcaldía, aprobanse o 5 de setembro, as bases que rexerán a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para postos do servizo de Axuda no Fogar como persoal laboral temporal, que teñen o seguinte contido:
1. - OBXECTO.

Nos postos de traballo que se cubran a través destas bolsas de emprego, os seleccionados prestarán servizos, de carácter temporal, no Concello de Barreiros, sendo o seu cometido levar a cabo as tarefas propias de cada posto ou calquera outra que lle poda encomendar a alcaldía, que garden relación cos postos a desempeñar e que afecten ó funcionamento do servizo público descrito como esencial para a cobertura de necesidades prioritarias, urxentes e inaprazables.
A duración máxima de cada contrato, será de oito meses, inda que a circunstancia que motivase o chamamento para cubrir a praza persista despois dese prazo. Unha mesma persoa non poderá acumular máis de 24 meses traballados dentro dun período de 30 meses durante a vixencia da bolsa.
O contrato terá un período de proba de dous meses. O non superar o período de proba supón que esa persoa quedará eliminada da lista de forma definitiva.
As presentes bases publicaranse no BOP de Lugo, no Taboleiro de edictos do concello e na páxina web municipal: www.concellodebarreiros.com.
2.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.
Para ser admitidos na lista os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos á data de finalización de presentación de solicitudes e deberán gozar destes durante todo o prazo na que a mesma estea en vigor:
a Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ó disposto no artigo 52 da lei 2/2015, de 29
de abril, do Empego Público de Galicia, permita o acceso ó emprego público.
Poden acceder ó emprego público como persoal laboral en igualdade de condicións coas persoas de nacionalidade española:
- As persoa que posúan nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.
- As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.
- As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.
- As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
b Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
d Estar en posesión da titulación esixida para a praza.

Anuncio publicado en: Num BOP 208 año 2019 10/09/2019
09/09/2019 08:00:00
11:35:46

O obxecto destas bases é establecer as normas e procedemento xenérico para a creación dunha bolsa de emprego para cubrir prazas de persoal laboral temporal no Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Barreiros que queden vacantes por motivos sobrevidos baixas, vacacións, xubilacións, acumulación de tarefas, traballos estacionais, mentras as mesmas non se cubran polo procedemento xeral.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/09/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date10/09/2019

Page count20

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930