Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 189 luns, 19 de agosto de 2019

BOP Lugo
CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio Información pública Aprobado por Decreto da Alcaldía, do oito de agosto de 2019 os seguintes padróns correspondentes ao segundo trimestre de 2018:

Padrón da taxa polo abastecemento de auga, no que se inclúe o canon de auga, taxa de vertedura e dereito de acometida.

Padrón da taxa por recollida de lixo De conformidade co disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, O Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, e as ordenanzas reguladoras correspondentes, exponse ó publico polo prazo de quince días contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo, a efectos de exame e reclamacións.
Fixase o período de cobro en voluntaria dende o 11 de setembro ata o 11 de novembro de 2019, ámbolos dous inclusive.
A falta de pagamento no período voluntario no tocante a auga, lixo e dereito de acometida, pasarase ó seu cobro pola vía de constrinximento, coas recargas previstos no artigo 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Recurso; Contra o acordo de aprobación dos padróns de abastecemento de auga e recollida de lixo poderá interporse recurso de reposición. O prazo de presentación será un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns ante o Alcalde.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdición.
A repercusión do canon da auga e taxa de vertedura poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende producida a notificación A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria Alfoz, 9 de agosto de 2019.- Alcalde do Concello de Alfoz, JORGE VAL DIAZ.
R. 2473

ANTAS DE ULLA
Anuncio APROBACIÓN INICIAL
Aprobado inicialmente en sesión extraordinaria do Pleno deste Concello, de data 14 de agosto de 2019, o Orzamento Xeral para o exercicio económico 2019 e o plantel de persoal para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións.
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
Antas de Ulla, 14 de agosto de 2019.- Alcalde, Javier Varela Pérez.
R. 2513

Anuncio publicado en: Num BOP 189 año 2019 16/08/2019 14:31:46
19/08/2019 08:00:00

E canto ao canon da auga e taxa de vertedura, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/08/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date19/08/2019

Page count30

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones