Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/08/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 187 venres, 16 de agosto de 2019

BOP Lugo
En base ao disposto polos artigos 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 44 e 47 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, e a atribución que me confire o artigo 21.1. a, r da Lei 7/1985, de 2
de abril, reguladora das bases de réxime local.
RESOLVO:
1. Delegar as funcións e atribucións propias da Alcaldía na persoa de D. Roberto Lorenzo Fernández, Primeiro Tenente da Alcaldía, no período comprendido entre o 23 de agosto e o 1 de setembro de 2019, ambos incluídos.
2. Durante este período de substitución, a citada persoa exercerá as funcións e atribucións delegadas a título de Alcalde por Delegación.
3. No suposto de producirse a vacante, ausencia ou enfermidade da anteriormente indicada persoa, as referidas funcións pasarían automaticamente ás demais Tenencias da Alcaldía, segundo a súa orde de nomeamento, e nas mesmas condicións establecidas na parte dispositiva deste decreto.
4. No suposto que o abaixo asinante alcalde se reincorporase as súas funcións antes de transcorrer o período expresado no apartado número un da parte resolutiva deste decreto, a presente delegación quedaría automaticamente revocada.
5. Dar conta ao Pleno da presente Resolución na primeira sesión que este órgano celebre.
6. Dispor a publicación do presente Decreto no Boletín Oficial da Provincia.
7. Comunicar este Decreto ao 1º Tenente de Alcalde deste Concello.
R. 2444

Anuncio DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
Faise público que por esta Alcaldía con data 2 de xullo de 2019, ditouse a seguinte resolución, que literalmente di o que segue:
De acordo co disposto nos artigos 20.1 b e 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os artigos 35.2 e 52 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, logo de que de ser o caso, o Pleno da Corporación acorde a creación da Xunta de Goberno Local, RESOLVO
PRIMEIRO.- Que de acordarse polo Pleno a creación da Xunta de Goberno estará presidida por esta Alcaldía e integrada ademais polos tres concelleiros/tenentes de alcalde que a continuación se indican:
- José Antonio López Rodríguez - María Carmen Vergara Ramos - Filomena Vila Fernández SEGUNDO.- Establecer que as sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local, teñan lugar o segundo e o último venres de mes, non festivos, ás dezanove horas no salón de Sesións do Concello.
TERCEIRO.- Corresponden á Xunta de Goberno Local, ademais da asistencia permanente á alcaldesa no exercicio das súas atribucións, as seguintes competencias que se delegan:
- O desenvolvemento da xestión económica de acordo co Orzamento aprobado e dispoñer gastos dentro dos límites da competencia da Alcaldía, recoñecemento de obrigas e a aprobación de certificacións de obras e facturas, así como dos documentos que verifiquen a recepción das subministracións ou, de selo caso, a confirmación da prestación dos servizos.
- As aprobacións dos instrumentos de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
- A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando a competencia para a súa contratación ou concesión estea atribuída a Alcaldía e estean previstos no orzamento.
- O outorgamento das licenzas e toma de razón de comunicacións previas salvo que as leis sectoriais as atribúan expresamente ao Pleno ou á Xunta de Goberno Local e a aprobación das liquidacións tributarias que conleven.

Anuncio publicado en: Num BOP 187 año 2019 14/08/2019 13:08:09
16/08/2019 08:00:00

FOLGOSO DO COUREL

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/08/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date16/08/2019

Page count11

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones