Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/07/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 168 martes, 23 de xullo de 2019

BOP Lugo
A Estrada, 27 de xuño de 2019. Santiago Villanueva Álvarez. Director xeral da AGASP.
R. 2214

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 13 de xuño de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede autorización administrativa previa e de construción para unha instalación eléctrica no concello de Lugo. nº expte. IN407A
2018/ 8635-AT
Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
- Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A.
- Domicilio Social: Polígono empresarial As Gándarasparcela U2-rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 9, 27003 Lugo.
- Denominación: REFORMA Y TELEMANDO OCR ARIEIRAS 9170
- Situación: concello de Lugo - Características Técnicas:
Reforma do OCR Arieiras 9170, cunha potencia instalada de 250kVA, consistente en:
OBRA CIVIL

Sanear e rebozar e pintar paredes, teito e chan, realización dun deposito de recollida de aceite, instalación de mampara de protección, instalación de reixa de ventilación e porta de acceso ao local e construcción de canles de cables.

OBRA ELECTRICA

Instalación de unha cela de liña, unha de protección e catro de interruptor todas elas telemandadas, instalación de novas pontes entre o CT e o cadro de baixa e entre o CT e as celas de MT, novo circuito de terras e alumeado, novo cadro de baixa tensión con ampliación e desmontaxe da aparamenta e embarrado ao aire de media tensión.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción D.O.G. núm. 54 de 19 de marzo, esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e as competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da fecha da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito Lugo, 13 de xuño de 2019.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
R. 1737

Anuncio publicado en: Num BOP 168 año 2019 22/07/2019 11:35:55
23/07/2019 08:00:00

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/07/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date23/07/2019

Page count16

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones