Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/05/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 118 sábado, 25 de maio de 2019

BOP Lugo
GUNTÍN
Anuncio Corrección de erros detectados no Anuncio publicado no BOP nº 100 de 3 de maio de 2019, polo que se establecen as normas para a selección de persoal laboral fixo interino ata a cobertura definitiva da praza e condicionado á efectiva continuidade do servizo no PAI do Concello de Guntín de nova creación, detectándose os seguintes erros materiais nas Bases Xerais:
ONDE DI:
7.- Solicitudes Prazo de presentación: este será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOP
DEBE DECIR:
O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE
Por Resolución da Alcaldía Decreto nº 2019-0133 de 16/05/2019 resolveuse:
1.- Rectificar os erros materiais detectados e volver a publicar as bases integras no BOP
2.- Retrotraer os efectos da convocatoria e informar motivadamente a todos os/as aspirantes que solicitaron formar parte do proceso selectivo no prazo que se estableceu erroneamente desde a publicación do BOP
3.- Publicar no BOP a corrección de erros e as bases integras.

BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO
INTERINO ATA A COBERTURA DEFINITIVA DA PRAZA E CONDICIONADO A EFECTIVA CONTINUIDADE DO
SERVIZO, NO PAI DO CONCELLO DE GUNTIN DE NOVA CREACIÓN.
1. OBXECTO.
As presentes bases teñen por obxecto establecer o procedemento de selección de carácter temporal a prazas para prestar servizos no do Concello de GUNTÍN. Estas bases xerais serán complementadas coas bases específicas que corresponda.
2. ÁMBITO DOS PROCEDEMENTOS DE SELECCIÓN L E RÉXIME XURÍDICO.
As presentes bases rexeran os procesos selectivo para o acceso:
Á condición de contratado laboral temporal, nos supostos previstos no artigo 11 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, mediante contrato de interinidade ou calquera outra modalidade contractual diferente á sinalada anteriormente, de acordo coa lexislación laboral.
3. FUNCIÓNS.
As funcións a realizar nas prazas que se convocan serán as que se sinalen nas Específicas.

correspondentes Bases
4. PUBLICACIÓN.
As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia BOP, no taboleiro de anuncios da Entidade e na súa páxina web www.guntin.es, e o extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia DOGA e no Boletín Oficial do Estado BOE
5. NORMAS DE APLICACIÓN.
Serán de aplicación o RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no que resulten vixentes, a Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o RD lexislativo 781/1986, de 18 do abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 30/84, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o RD 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da administración local, a Lei 5/1997, de 22 de xuño, de Administración Local de Galicia. Serán tamén de aplicación o e o RD 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do Estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios da Administración Xeral do Estado.
6. REQUISITOS QUE CUMPRIRÁN AS PERSOAS ASPIRANTES PARA SER ADMITIDAS AO PROCESO SELECTIVO.
As persoas aspirantes farán constar na solicitude que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan:

Anuncio publicado en: Num BOP 118 año 2019 24/05/2019 12:50:15
25/05/2019 08:00:00


Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/05/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date25/05/2019

Page count27

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones