Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/05/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 108 luns, 13 de maio de 2019

BOP de Lugo
SEGUNDA.- ACCESO E PARTICIPACIÓN NAS ACCIÓNS FORMATIVAS
1. Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos no anexo I.
2. Reservarase un 5% do número de prazas para traballadores con discapacidade, en cumprimento co disposto no artigo 11 do Real Decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. Incorpórase como criterio de valoración na participación nos cursos de formación de empregados públicos o estar afectado por unha discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%. A selección efectuarase por separado da quenda xeral, incorporándose a ésta todas as vacantes que queden sen solicitantes.
3. A Sección de Formación poñerase en contacto cos peticionarios, asemade poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ao teléfono 982 260 065.
4. A non comparecencia ou abandono dun participante admitido a unha acción formativa terá como consecuencia que, durante un ano non será admitido ás distintas accións formativas convocadas pola Deputación Provincial de Lugo.
TERCEIRA.- CERTIFICACIÓNS
Expedirase certificado de asistencia ou certificado de asistencia e aproveitamento ós alumnos/as que asistan ó curso. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións dos cursos presenciais. Unha inasistencia superior ó 15% no cómputo total das horas programadas, imposibilitará a expedición da certificación acreditativa. No caso dos cursos "MODALIDADE EN LIÑA", é obrigatoria a asistencia á sesión presencial, naqueles que así o requiran. Se o alumno non se presentase á sesión presencial, será excluído deste.
a Certificación de asistencia, ou b Certificación de asistencia con aproveitamento: trala superación das probas pertinentes, as cales, terán carácter voluntario.
En calquera dos supostos só se expedirá unha única Certificación.

A Deputación Provincial de Lugo, poderá modificar o desenvolvemento e mailos contidos dos cursos co obxecto de adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Lugo, 8 de maio de 2019. O Presidente: Darío Campos Conde. A Secretaria: María Esther Álvarez Martínez.

BASES XERAIS
ANEXO I
CARACTERÍSTICAS E CONTIDOS ESPECÍFICOS
Código A. F.: 01.02.01.19
Denominación: A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA LOCAL ANTE AS LEIS DE PROCEMENTO ADMINISTRATIVO, RÉXIME XURÍDICO E TRANSPARENCIA. MODALIDADE EN LIÑA
Destinatarios: Empregados públicos da Administración Local da provincia de Lugo que participen na elaboración dun expediente administrativo; responsables de expedientes e auxiliares administrativos, que queiran ampliar os seus coñecementos na materia e indagar sobre as consecuencias prácticas da Administración electrónica, con coñecementos básicos de manexo de ordenadores e de navegación por internet Participantes: 50
Horas: 35
Datas realización: Do 5 ao 28 de xuño de 2019
OBXECTIVOS:
-

Coñecer e comprender o novo marco normativo que regula as relacións electrónicas entre a Administración e os administrados.
Coñecer e comprender o novo marco normativo que regula as interrelacións e o intercambio de información entre Administracións.
Coñecer e comprender os principais conceptos, dereitos e obrigas derivados da Administración Electrónica.
Coñecer as diferentes alternativas e solucións tecnolóxicas que se poñen a disposición das entidades locais.
Aprender a manexalas.
Coñecer e entender a publicidade e transparencia, así como o control de acceso a información que se require no novo ámbito normativo.

Anuncio publicado en: Num BOP 108 año 2019 10/05/2019 13:51:18
13/05/2019 08:00:00

CUARTA.- MODIFICACIÓNS

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/05/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date13/05/2019

Page count17

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones