Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 104 mércores, 8 de maio de 2019

BOP Lugo
Acreditación dos ingresos correspondentes a cada un dos membros da unidade de convivencia: declaración da renda presentadas por cada persoa da unidade de convivencia relativas ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento da solicitude. De non dispor da correspondente declaración por non estar obrigado a tributar por este concepto, deberanse acreditar os ingresos, referidos á mesma data, mediante certificacións de ingresos emitidas pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, ou mediante certificación da empresa para a que traballan, ou a resolución polas que se conceden axudas públicas. No caso de persoas perceptoras de prestacións: certificación ou informe sobre a contía da prestación percibida.
Todo iso sen prexuízo de que os servizos municipais poidan requerir a documentación que acredite os ingresos.
Declaración xurada de non ter, a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia, unha vivenda en propiedade, a menos que non dispoña do seu uso e disfrute, nin do usufruto doutra vivenda en todo o territorio nacional. O concello poderá solicitar un índice de titularidades rexistrais inmobiliarias da persoa solicitante, ou da súa unidade de convivencia, no caso de consideralo necesario.
Fotocopia do DNI ou NIE de todas as persoas membros da unidade familiar ou de convivencia; no caso de fillos menores de idade que non teñan DNI, fotocopia do Libro de Familia; e no caso de estranxeiros NIE.
Libro de familia: fotocopia de todas as follas do libro de familia na que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar.

Certificado de convivencia referido á data de presentación de solicitudes.

Declaración responsable das persoas que compoñen a unidade familiar ou, no seu caso, unidade de convivencia.
b Documentación específica para determinados colectivos:

-Certificación da orde de protección ou medida cautelar, testemuño ou copia autenticada da secretaría xudicial da propia orde de protección ou medida cautelar.
-Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare dita situación.
-Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
-Informe dos servizos de acollida.
-Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración Pública Autonómica ou Local.
-Calquera outro que se estableza legal ou regulamentariamente para a acreditación da dita situación.
b.2 Titulo de familia numerosa: fotocopia do título de familia numerosa, no seu caso.
b.3 As familias monoparentais con fillos: acreditación da citada condición, mediante certificado de convivencia e sentencia de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas parteno/materno filiais e libro de familia e fe de estado civil.
b.4 As persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida: certificación de dependencia ou discapacidade expedida polos correspondentes servizos da Consellería de Política Social.
b.5 No seu caso, documentación acreditativa da perda do dereito ao uso da vivenda na que residiran con anterioridade sentenza ou resolución xudicial de desafiuzamento en calquera instancia xurisdicional, etc, ou da perda das condicións de habitabilidade da vivenda informe do técnico municipal.
b.6 Para o caso de unidades familiares ou de convivencia afectadas por procedementos de execución hipotecaria, deberán aportar acreditación da admisión a trámite da demanda de execución hipotecaria e certificado do letrado da Administración de Xustiza de que non finalizou o procedemento xudicial.
VII.- Valoración das solicitudes O aluguer formalizarase coas persoas solicitantes que pertenzan a unidades familiares ou de convivencia, relacionadas por orde decrecente na base IV, de tal xeito que se preferirá ao que está no primeiro suposto con respecto aos demais. No caso de non haber ninguén no suposto primeiro, preferirase o que estea no segundo, e así sucesivamente.
No suposto de que houbese varios solicitantes dentro do mesmo colectivo prioritario ou de non haber solicitantes en ningún dos colectivos prioritarios, o aluguer da vivenda realizarase a favor da persoa que reúna maior puntuación, segundo o seguinte baremo:

Unidade familiar cun IPREM, ponderado conforme ao apartado V, inferior a 7.519,59 € referido a 14 pagas:
10 puntos

Unidade familiar cun IPREM, ponderado conforme ao apartado V, comprendido entre 7.519,59 € e 9.023,52
€: 8 puntos
Anuncio publicado en: Num BOP 104 año 2019 07/05/2019 12:52:54
08/05/2019 08:00:00

b.1 Mulleres vítimas de violencia de xénero. Para a acreditación da dita situación deberá aportarse algún dos seguintes documentos:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/05/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date08/05/2019

Page count20

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones