Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2019

Version en texte Qu'est-ce que c'est?Dateas est un site Web indépendant, non affilié à un organisme gouvernemental. La source des documents PDF que nous publions est l'agence officielle indiquée dans chacun d'eux. Les versions en texte sont des transcriptions non officielles que nous faisons pour fournir de meilleurs outils d'accès et de recherche d'informations, mais peuvent contenir des erreurs ou peuvent ne pas être complètes.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 20 DE ABRIL DE 2019

N.º 090

ELECCIÓNS A CORTES XERAIS 2019
XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DE LUGO
Anuncio M DOLORES CRUZ REQUEJO, SECRETARIA DA XUNTA ELECTORAL PROVINCIAL DE LUGO, CERTIFICO: Que a Xunta Electoral Provincial de Lugo, designou como vogais non xudiciais das Xuntas Electorais de Zona desta circunscripción ás seguintes persoas:
XEZ de Lugo: D. JOSÉ RAMÓN VEIGA LAMELAS e Dna. PILAR GARCÍA-PUERTAS.
XEZ de Mondoñedo: D. RAIMUNDO DÍAZ VALCARCE e DNA. MARÍA DEL CARMEN GARCÍA MARTINEZ
XEZ de Monforte de Lemos: D. JOSÉ MANUEL PUGA GÓMEZ e Dna. BELÉN PRIETO ROBISCO.
XEZ de Vilalba: D. JULIO REGO MOURIÑO e D. JULIO ANDRÉS VILLARINO FERNÁNDEZ.

XEZ de Fonsagrada: Dna. SOLEDAD SIERRA VILLAVERDE e D. JOSÉ MANUEL LÓPEZ ÁLVAREZ.
E para que conste e se publique no BOP para xeral coñecemento, expido e asino a presente en Lugo a doce de abril de dous mil dezanove.
R. 1139

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO, AUGAS
DE GALICIA
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Por acordo da xefa do Servizo Territorial de Lugo, coa data 23/01/2019, iníciase o expediente de extinción por transcurso do prazo concesional do título concesional outorgado a Isidro Rodríguez Loredo no lugar de Cabaleiros, concello de Lourenzá Lugo. Expediente: DH.A27.2237
Identificación da concesión: Con data 10/11/2003 o presidente de Augas de Galicia resolveu outorgar a Isidro Rodríguez Loredo a concesión dun caudal de auga de 20,8 l/s dunha canle de derivación procedente do río Baos ou Batán, a captar no lugar de Cabaleiros, no concello de Lourenzá, con destino a rega de 0,71651 Ha, 0,8 l/s e produción de enerxía para elevar o caudal de rega 20 l/s, tramitado coa clave de expediente DH.A27.2237.
Coordenadas UTM: x=638.070 y=4.814.650.
O aproveitamento para a rega realízase mediante captación por medio dunha bomba que eleva o caudal de 0,8
l/s para rega dunha canle de derivación procedente do río Baos ou Batán que se almacenan nuns estanques na propiedade do peticionario, dende os que se distribúe a auga para a rega de 0,7165 Ha. A enerxía para o funcionamento da bomba obtense mediante unha turbina pelton, que precisa para isto dun caudal de 20l/s, que se obteñen da citada canle de derivación, devolvéndose estas augas á canle tralo seu uso por parte da turbina. O
volume máximo anual é de 655.949 m3. A concesión outórgase por un prazo de quince 15 anos, sendo a data de inicio da concesión o 15/12/2003 e a de finalización o 15/12/2018.
Causa da extinción: por transcurso do prazo concesional segundo o artigo 53 do Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, e o artigo 162 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.
Servidumes: descoñecidas Iniciación: de oficio mediante acordo da xefa do Servizo Territorial de Lugo do 23/01/2019.

Anuncio publicado en: Num BOP 90 año 2019 17/04/2019 14:27:33
20/04/2019 08:00:00

XEZ de Chantada: D. CARLOS FERNANDO LAMELA PÉREZ e D. JOSÉ DANIEL RIGUEIRA FERREIRO.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/04/2019

TitreBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaysEspagne

Date20/04/2019

Page count45

Edition count3289

Première édition01/03/2013

Dernière édition29/04/2024

Télécharger cette édition

Otras ediciones

<<<Abril 2019>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930