Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/11/2021

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 24 DE NOVEMBRO DE 2021

N.º 270

CONCELLOS
BALEIRA
Anuncio CONVOCATORIA E BASES DO PROCESO PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL UN/HA PEÓN
DE OBRAS E SERVIZOS, UN/HA MECANICO OPERARIO, UN/HA OPERARIO DE MAQUINARIA E CONDUTOR DE
VEHICULOS E UN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A AO ABEIRO DO PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO
DO PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO 2021 NO
CONCELLO DE BALEIRA, LUGO.
O Concello de Baleira, aprobou por acordo da Xunta de Goberno Local do 15 de novembro de 2021, as bases e convocatoria para a selección de un/ha peón de obras e servicios, un/ha mecánico operario, un/ha operario de maquinaria e condutor de vehículos e un/ha auxiliar administrativo/a, en réxime de persoal laboral temporal no marco do Programa de fomento do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos do 2021 mediante o sistema de concurso-oposición.

BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL UN/HA PEÓN DE OBRAS
E SERVIZOS, UN/HA MECANICO OPERARIO, UN/HA OPERARIO DE MAQUINARIA E CONDUTOR DE VEHICULOS E
UN/HA AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A AO ABEIRO DO PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN ÚNICO DE
COOPERACIÓN COS CONCELLOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO 2021 NO CONCELLO DE BALEIRA, LUGO.
1.-OBXECTO
1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases a convocatoria e regulación do procedemento de selección mediante o sistema de concurso-oposición de UN/HA PEÓN DE OBRAS E SERVIZOS, UN/HA MECANICO
OPERARIO, UN/HA OPERARIO DE MAQUINARIA E CONDUCTOR DE VEHICULOS E UN/HA AUXILIAR
ADMINISTRATIVO/A a xornada completa en réxime de persoal laboral temporal para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego , financiado con cargo ó Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021 ,da Deputación Provincial de Lugo.
O Programa de Fomento do Emprego está destinado á contratación ou nomeamento de persoal para a execución de obras e servizos mínimos obrigatorios de competencia municipal, de interese xeral e social, de conformidade coa normativa aplicable, sempre que se cumpran cos requisitos establecidos nas bases do Plan Único Provincial de Cooperación cos concellos 2021, publicado no BOP Núm. 8 do 12 de xaneiro de 2021.
O Concello de Baleira destina a cantidade de 68.100,00 euros para o financiamento dos custes salariais totais dos traballadores que se contraten, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por tódolos conceptos e a indemnización por fin de contrato.
Considérase que as tarefas a realizar polos traballadores/as a contratar se encadran dentro das competencias máis esenciais que segundo normativa vixente lle corresponden a este Concello, considerándose de carácter urxente e inaprazable, e que polos escasos medios materiais e persoais deste concello non sería posible prestar sen a contratación do mencionado persoal.
Os salarios serán os establecidos no Convenio de Edificación e Obras Públicas de Lugo PEÓN ORDINARIO E
PEÓN ESPECIAL ESPECIALISTA 2 e no Convenio de Oficinas e Despachos da Provincia Lugo AUXILIAR
ADMINISTRATIVO .
1.2. Normas de aplicación: O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido no RD lexislativo 5/2015, do 30 de outubro polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público TREBEP, na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia; na Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se
Anuncio publicado en: Num BOP 270 año 2021 24/11/2021
23/11/2021 08:00:00
12:14:36

De seguido publícanse as bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local de 15 de novembro de 2021.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/11/2021

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha24/11/2021

Nro. de páginas28

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930