Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2021

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 23 DE SETEMBRO DE 2021

N.º 220

CONCELLOS
BEGONTE
Anuncio No Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo, tramítase o recurso Procedemento Abreviado 0000211
/ 2021 J, interposto por Reale Seguros Generales, S.A., contra a desestimación presunta do Concello da reclamación de responsabilidade patrimonial formulada con data 12 de xaneiro de 2021.
Notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de 9 días, de conformidade co establecido no art. 49, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.
Begonte, 20 de setembro de 2021.- O alcalde, José Ulla Rocha.

LUGO
Anuncio O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 29-07-2021, adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO.- Tomar razón da resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, de data do 3-5-2021, que a continuación se transcribe na súa integridade, pola que se dá conformidade á homoxeneización, formulada por este Concello, dos niveis de protección do patrimonio catalogado no Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior do recinto amurallado de Lugo e a súa zona de influencia PEPRI, en relación cos establecidos na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia:
ANTECEDENTES
O 20.11.2020 tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, a través do sistema de interconexión de rexistros, un oficio do dito concello no que solicitaba en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, a correspondente resolución dea Dirección Xeral de Patrimonio Cultural relativa á homoxeneización dos catálogos de protección do PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE LUGO e do Planeamento incorporado URPI-1.R
PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN, REHABILITACIÓN E REFORMA INTERIOR DEL RECINTO AMURALLADO DE LUGO Y
SU ZONA DE INFLUENCIA PEPRI. Asemade xuntábase o informe emitido o 13.09.2020 polo Servizo Municipal de Arquitectura, ao efecto.
O 25.11.2020 a Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural en diante SXPPC emitiu unha resposta na que se concluía que en ningún dos casos se achegan contrastadas as definicións dos niveis de protección recollidos na LPCG cos dos distintos plans para os que se pretende a homoxeneización, así como a posta en relación coas intervencións autorizables segundo o artigo 42 da LPCG.
De igual xeito, de pretender a homoxeneización para o resto de elementos do catálogo que non son inmobles fontes, muros do espazo público, achegarase a proposta de homoxeneización cos criterios expostos no parágrafo anterior.
O 22.04.2021 tivo entrada no Rexistro do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo un oficio do concello de Lugo no que se solicita a resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural á proposta de homoxeneización relativa ao Catálogo do PEPRI, elaborada polo xefe do Servizo de Arquitectura do concello de Lugo, que se xunta co oficio.
O 28.04.2021 a SXPPC emitiu un informe no que se daba resposta á proposta de homoxeneización solicitada polo Concello de Lugo.

Anuncio publicado en: Num BOP 220 año 2021 23/09/2021
22/09/2021 08:00:00
10:54:39

R. 2725

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/09/2021

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha23/09/2021

Nro. de páginas27

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2021>>>
DLMMJVS
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930