Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2021

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 6 DE MAIO DE 2021

N.º 101

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS
Anuncio PUBLICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DO 12.03.2021
POLO QUE APROBAN AS BASES XERAIS QUE REGULAN OS PROCESOS SELECTIVOS QUE CONVOQUE A
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES DO CADRO DE PERSOAL
FUNCIONARIO OU LABORAL FIXO, INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO, ACCESO LIBRE COTA XERAL OU
COTA DISCAPACITADOS
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de marzo de 2021
adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Mediante Acordo da Xunta de Goberno, de 27 de setembro de 2017 BOP núm. 241 de 20 de outubro de 2017
aprobáronse as Bases Xerais que rexeron os procesos selectivos para provistar as prazas de persoal funcionario e laboral fixo desta Deputación Provincial, incluídas nas correspondentes Ofertas de Emprego Público.
A implementación da administración electrónica, derivada da vixencia da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e outras circunstancias sobrevidas no tempo transcorrido dende a aprobación das ditas Bases Xerais, fan necesario unha actualización das mesmas e a introdución de cambios na súa configuración respecto á articulación dos trámites a realizar co obxectivo de facilitar ás persoas interesadas a participación nos procesos selectivos e que poidan relacionarse con esta Administración por medios electrónicos.
Vistas as necesidades dos Servizos; estando pendentes de tramitación os procesos selectivos polos que se provistarán as diferentes prazas vacantes incluídas nas correspondentes Ofertas de Emprego Público desta Deputación provincial; considerando o establecido nas seguintes normas:
Artigo 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público: Todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao emprego público de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente estatuto e no resto do ordenamento xurídico.
Artigo 55.2 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público: As Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os establecidos a continuación:
a Publicidade das convocatorias e das súas bases.
b Transparencia.
c Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.
d Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.
e Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver.
f Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.
Artigo 90.2 da Lei 7/1.985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local: A selección de todo o persoal, sexa funcionario ou laboral, debe realizarse de acordo coa Oferta de Emprego público, mediante convocatoria pública e a través do sistema de concurso, oposición o concurso - oposición libre nos que se garantan, en todo caso, os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.
Artigo 31.2 do Convenio Colectivo Único para persoal laboral da Deputación Provincial de Lugo: Toda selección de persoal laboral fixo deberá realizarse de conformidade con dicha Oferta Oferta de Emprego Público,
Anuncio publicado en: Num BOP 101 año 2021 06/05/2021
05/05/2021 08:00:00
12:24:30

Logo de ver a proposta do Sra. Deputada Delegada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, do seguinte teor:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 06/05/2021

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha06/05/2021

Nro. de páginas74

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Mayo 2021>>>
DLMMJVS
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031