Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/04/2021

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 19 DE ABRIL DE 2021

N.º 087

CONCELLOS
ALFOZ
Anuncio Información pública Aprobado por Decreto da Alcaldía, do 13 de abril de 2021 os seguintes padróns correspondentes ao cuarto trimestre de 2019:

Padrón da taxa polo abastecemento de auga, no que se inclúe o canon de auga, taxa de vertedura e dereito de acometida.

De conformidade co disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, O Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, e as ordenanzas reguladoras correspondentes, exponse ó publico polo prazo de quince días contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo, a efectos de exame e reclamacións. Fixase o período de cobro en voluntaria dende o 13 de maio ata o 13 de xullo de 2021, ámbolos dous inclusive.
A falta de pagamento no período voluntario no tocante a auga, lixo e dereito de acometida, pasarase ó seu cobro pola vía de constrinximento, coas recargas previstos no artigo 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
E canto ao canon da auga e taxa de vertedura, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia Recurso; Contra o acordo de aprobación dos padróns de abastecemento de auga e recollida de lixo poderá interporse recurso de reposición. O prazo de presentación será un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns ante o Alcalde.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdición.
A repercusión do canon da auga e taxa de vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende producida a notificación A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria Alfoz, 14 de abril de 2021.- O Alcalde, JORGE VAL DIAZ.
R. 1019

BURELA
Anuncio O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de marzo de 2021, acordou a aprobación inicial do expediente de Transferencia de créditos distinta área de gastos que non afectan a baixas e altas de créditos de persoal.
Aprobado inicialmente o expediente de Transferencia de créditos distinta área de gastos que non afectan a baixas e altas de créditos de persoal, por Acordo do Pleno de data 11 de marzo de 2021, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 179.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese a información pública polo prazo de quince días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio neste Boletín Oficial da Provincia.

Anuncio publicado en: Num BOP 87 año 2021 19/04/2021
16/04/2021 08:00:00
10:07:14

Padrón da taxa por recollida de lixo

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/04/2021

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha19/04/2021

Nro. de páginas20

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones