Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/10/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 28 DE OUTUBRO DE 2020

N.º 247

CONCELLOS
FRIOL
Anuncio A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 19 de outubro de 2020, prestou aprobación ás bases reguladoras para a convocatoria de axudas para adquisicíón de material educativo no segundo ciclo de educación infantil para o curso escolar 2020-2021, pola cuantía individual de 50€ para os alumnos matriculados no CPI Dr. López Suárez en 4º,5 e 6 de educación infantil.
1.- Obxeto e finalidade das axudas:
Adquisicíón de material educativo no segundo ciclo de educación infantil para o curso escolar 2020-2021, pola cuantía individual de 50€ para os alumnos matriculados no CPI Dr. López Suárez en 4º,5 e 6 de educación infantil.
2.- Beneficiarios:
Os membros da unidade familiar do alumnado, tal como resulta definida na regulación do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, deberá estar empadroado no Municipio de Friol. O Concello de Friol solicitará de oficio os xustificantes de convivencia dos/as membros da unidade familiar dos/as solicitantes destas axudas.
3.- Solicitude e prazo :
As solicitudes das persoas interesadas presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Friol ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de Outubro, dor Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 1 mes contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e se inserirá no Taboleiro do Anuncios e na sede electrónica do Concello de Friol friol.sedelectronica.gal.
A persoa interesada deberá acompañar á solicitude a seguinte documentación:
a Solicitude en modelo específico subscrita pola persoa interesada ANEXO I.
b Fotocopia do D.N.I. da nai e do pai, ou persoas que representan legalmente á nena ou neno.
c Fotocopia cotexada co seu orixinal do libro de familia.
d Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas pola persoa solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais, ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención.
e Declaración responsable de non estar incurso/a en prohibición para obter a condición de beneficiario/a da subvención conforme o establecido no artigo 13.7 da Lei 38/2003.
f Certificacións de atoparse ao corrente no cumprimento dos deberes tributarios e coa Seguridade Social ou autorización ao órgano municipal competente no seu caso. No Concello comprobarase de oficio que os solicitantes están ao corrente no cumprimento dos deberes fiscais municipais.
g Certificación ou certificacións do C.P.I. Dr. López Suárez onde as e os alumnos realicen os estudos e na que se xustifique o curso no que están matriculadas e matriculados.
h Factura da tenda ubicada no Concello de Friol a nome do solicitante da axuda por un importe igual ou superior a 50,00 € máis o I.V.E. correspondente da axuda solicitada, con selo do establecemento que indique que esa factura foi aboada.
i Certificado do Número de Conta Bancario, a nome do solicitante da axuda.
4.- Publicidade.- A presente convocatoria de axudas publicarase no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello de Friol.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/10/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha28/10/2020

Nro. de páginas18

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones