Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 28 DE AGOSTO DE 2020

N.º 197

CONCELLOS
CASTROVERDE
Anuncio A Xunta de Goberno Local na sesión do día 19 de Agosto de 2020 prestouse aprobación ao Padrón do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de Xullo de 2020, e exponse ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, 21 de agosto de 2020.- O Alcalde, Xosé María Árias Fernández.

CHANTADA
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 14/08/2020 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a xullo 2020.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os Padróns recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar dende o día seguinte o da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a xullo do 2020 terá lugar neste municipio dende o día 17 de agosto de 2020 ata o día 16 de outubro de 2020.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de xaneiro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28
da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
Chantada,18 de agosto de 2020.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 1924

GUNTÍN
De conformidade co disposto no artigo 8 do Real Decreto 1.372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, sométese a información pública polo prazo DUN MES, a contar dende o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de anuncios do Concello, o expediente de DESAFECTACION DUN TRAMO DO CAMIÑO DE REFERENCIA CATASTRAL
27023A060090030000OS QUE DISCORRE ENTRE AS PARCELAS Nº 150 E 90 DO POLIGONO 60, coñecido como CAMIÑO DE MONTOUTO AS PEREIRAS no lugar de Montouto, parroquia de Sirvián, neste Termo municipal, promovido por don Manuel Ángel Lamazares Mourelos.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se estimen pertinentes.

Anuncio publicado en: Num BOP 197 año 2020 28/08/2020
27/08/2020 08:00:00
11:29:43

R. 1923

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha28/08/2020

Nro. de páginas6

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones