Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/05/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 111 sábado, 16 de maio de 2020

BOP Lugo
Con esta dotación económica, unicamente poderán adquirirse produtos alimenticios e de primeira necesidade optando por marcas blancas entre todas as dispoñibles.
Os usuarios beneficiarios destas axudas poderán acudir cos vales a calquera dos establecementos, ou tendas de alimentación e supermercados situados no Concello de O PARAMO que previamente teñan concertado esta modalidade de compra co concello para a execución das axudas.
PRAZO DA ENTREGA DE SOLICITUDES
Os interesados deberán poñerse en contacto cos servizos sociais do concello de O PARAMO, e pedir cita para cubrir a solicitude e aportar a documentación requirida. O contacto poderá facerse por teléfono 982539156 ou a través do correo electrónico concello.oparamo @eidolocal.es A solicitude deberá xuntarse coa seguinte documentación:
-

DNI de todos os membros da unidade familiar.

-

Libro de familia no caso de menores.

-

Xustificante dos ingresos económicos da unidade familiar:
Ultima declaración da Renta exercicio 2018

Ultima nómina percibida.
Xustificante que acredite a pérda ou diminución de ingresos na unidade familiar derivado do COVID-19.
-

Certificado de saldos bancarios a data do 31 de marzo do 2020.

As solicitudes serán examinadas e valoradas por unha unidade técnica composta pola traballadora social e o concelleiro de servizos sociais do concello, e previo informe favorable da unidade técnica, resolverá a alcaldía.
REVISIÓN DAS AXUDAS
Os beneficiarios das axudas comprométense a comunicar de xeito inmediato calquera variación das circunstancias que deran lugar á súa concesión.
O Páramo, 12 de maio de 2020.- O Alcalde, Jose Luis López López.
R. 0851

SARRIA
Anuncio Exposición pública do Padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, saneamento e depuración de augas residuais; recollida de lixo do Concello de Sarria.
Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento-depuración; o padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, conservación de contadores, canon da auga e recollida de lixo, correspondente ao primeiro trimestre de 2020, o citado padrón estará a disposición do publico durante 15 días a contar dende a data de publicación do presente anuncio no BOP
na Oficina de ESPINA & DELFÍN, S.L. sita na rúa Peregrino nº 31 Portal 1 Baixo; en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.
Contra os recibos que contén o padrón poderá formularse perante o Sr. Alcalde, o recurso de reposición previo ao contencioso - administrativo do artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, no prazo dun mes que se contará dende o día seguinte ao da finalización da exposición pública do padrón, nos termos previstos en dito precepto legal. Polo que respecta ao canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico - administrativa ante o órgano económico
administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia tamén no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación consonte co disposto no artigo 49.7 do Decreto 136/2012 polo que se aproba o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertido a sistemas públicos de depuración de augas residuais.
Neste senso, a publicación no Boletín Oficial da Provincia deste anuncio, produce efectos: de notificación expresa ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria; e de anuncio de cobranza segundo o disposto no artigo 24 do Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o regulamento xeral de recadación.

Anuncio publicado en: Num BOP 111 año 2020 16/05/2020
15/05/2020 08:00:00
17:51:04

O proceso de entrega de solicitudes estará aberto ata o 31/05/2020, podendo ser prorrogado polo concello ata o 30/06/2020 de ser necesario. As axudas poderán extenderse ata o 31/12/2020 ou esgotamento do crédito presupostario.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/05/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha16/05/2020

Nro. de páginas6

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones