Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/02/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 038 sábado, 15 de febreiro de 2020

BOP Lugo
FRIOL
Anuncio Cumprindo o disposto no art. 70 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, faise público o acordo adoptado polo Pleno do Concello na sesión celebrada o 12 de decembro de 2019 e o texto da modificación da ordenanza fiscal reguladora das axudas á natalidade. A modificación someteuse ao trámite de información pública,mediante inserción de anuncio no Boletín Oficial da Provincia núm. 291 de 20 de febreiro, sen que no prazo establecido se presentasen reclamacións ao respecto.
5.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS Á NATALIDADE.- Dáse conta ao Pleno da proposta da Alcaldía referida á modificación da ordenanza reguladora das axudas á natalidade, que se somete á aprobación do Pleno, en canto órgano competente para elo. Ao respecto facer constar que o Concello, considerando e interese público o apoio as familias, circunscribíndose, dentro do mesmo o fomento da natalidade ou adopción, prestou aprobación á ordenanza en sesión plenaria do 13 de decembro de 2018. Unha vez tramitada segundo o disposto na normativa de aplicación, o acordo plenario e o texto da mesma, publicouse no Boletín Oficial da Provincia.

Por elo, propúxose a modificación da mesma, suprimindo o requisito de referencia, así como polo tanto a obriga de presentación da documentación á que se refire no art 7. f Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto certificación negativa de Facenda e art.7 .g Poderán solicitarse xustificantes económicos de tódolos membros da unidade familiar, referidos ao período computable: nóminas, contratos de traballo, recibos de pensións ou calquera documentación que corresponda a cada caso e xustifique a situación económica. A
referencia á declaración da renda, tamén se suprime no Anexo de solicitude da axuda. O Pleno, na sesión do 28
de marzo do actual, acordou a modificación da ordenanza. Con posterioridade, unha vez concluído o trámite de información pública, procedeuse segundo o disposto na normativa de aplicación, o acordo plenario e o texto da mesma, publicouse no Boletín Oficial da Provincia.
Proponse unha nova modificación, no senso do incremento da coantía da axuda, que quedará da coantía de 1.000€, ademais da entrega dun lote de produtos de primeira necesidade, que terá un valor máximo de 200 €.
Á vista do disposto na vixente lexislación de réxime local, considerando que é competencia do Pleno a súa aprobación, sen que polos señores concelleiros se desexe plantexar ningunha cuestión ao respecto o Pleno do Concello en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes dez votos a favor ACORDA:
-

A aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora das axudas á natalidade, que coa modificación aprobada queda coa redacción que se transcribe a continuación como Anexo.

-

En cumprimento do disposto no art. 49 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, que se someta ao trámite de información pública no taboleiro de anuncios así como na sede electrónica do concello por un prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ao da publicación de edicto no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar os expedientes e presentar as reclamacións ou suxerencias que estimen oportunas, no devandito prazo.

-

Que se dea conta ao Pleno do Concello das reclamacións que se presenten, que se resolverán polo mesmo con carácter definitivo. No caso de non presentarse, o acordo, ata entón provisional, elevarase a definitivo, sen necesidade de novo acordo plenario.

-

Que os acordos definitivos e o texto da ordenanza se publiquen no Boletín Oficial da Provincia, para a súa vixencia e posible impugnación xudicial, conforme ao previsto nos artigos 49 e 70.2 do Lei reguladora das bases de réxime local.

ORDENANZA REGULORA DAS AXUDAS POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN NO CONCELLO DE FRIOL.Art. 1.- Fundamento.-. A presente ordenanza ten o seu fundamento nas competencias que o art. 2 e o art. 23.1
da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, outorga a este Concello. O artigo 25 da Lei 7/85, de 2 de abril, establece que os Concellos para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, poden promover toda clase de actividades e contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal. O Concello considera de interese público o apoio as familias, circunscribíndose, dentro do mesmo o fomento da natalidade ou adopción. Este é o fundamento e o fin da presente ordenanza que pretende incentivar os novos nacementos de fillos de familias que residan no termo municipal.

Anuncio publicado en: Num BOP 38 año 2020 15/02/2020
14/02/2020 08:00:00
13:25:38

O fundamento e o fin da ordenanza é incentivar os novos nacementos de fillos de familias que residan no termo municipal. Na mesma regúlase o réxime xurídico do outorgamento de axudas para o fomento da natalidade e da adopción neste Concello, coa finalidade de axudar a fixar poboación dentro do termo municipal. No referente aos requisitos para a concesión das subvención, no art. 5 da mesma dicíase que os ingresos da unidade familiar non pode superar 3.5 veces o SMI, sinalado para o ano correspondente no que se efectúe a solicitude de axuda.
Non obstante, á vista de solicitude presentada que excedía dos ingresos previstos, considerouse que se trata de fomentar a natalidade, non debendo deixar sen a axuda a aqueles que con maior nivel de ingresos, se decidan a ter fillos.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/02/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/02/2020

Nro. de páginas22

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones