Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/01/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

11

Núm. 025 venres, 31 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
No suposto de empate nas puntuacións cualificacións finais, tendo en conta o artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración Pública Galega se verificará a infrarrepresentación do sexo feminino, o empate resolverase a favor da muller.
No resto de supostos o empate resolverase acudindo á maior puntuación obtida primeiro na fase de oposición, segundo na fase de concurso, e se persiste o empate procederase a realizar un sorteo público.
17. PROPOSTA DE SELECCIÓN E PUBLICACIÓN.
O Presidente do Tribunal, á vista das cualificacións finais das persoas aspirantes, que superaron o proceso selectivo, formulará proposta ante a Alcaldía, Publicación.- A proposta do Tribunal, publicarase no Taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.
18.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.
A persoa seleccionada presentará os seguintes documentos mediante copias compulsadas ou, se é o caso, orixinais:
a Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións a desempeñar que se sinalan nas bases específicas.
b Declaración xurada de non ter sido separadas do servizo das administracións públicas e non estar incursas nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
c Fotocopia compulsada da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.
d No caso de ter a condición de discapacitadas deberá presentar a certificación acreditativa do grado de discapacidade, tendo facultade a Entidade para que solicitar ao órgano competente a compatibilidade para desempeño funcional da praza/posto/emprego.

Prazo de presentación. O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no taboleiro de edictos, prazo que poderá ampliarse cando as persoas seleccionadas acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade.
En todo caso no prazo de 10 días naturais, computados dende a data da toma de posesión ou sinatura do citado contrato, as persoas seleccionadas estarán obrigadas a presentar a devandita documentación, xa que no caso contrario, procederíase ao seu cesamento automático, agás en supostos de forza maior.
19. RESOLUCIÓN DO PROCESO SELECTIVO.
Á vista da orde de aspirantes proposta polo Tribunal, a Alcaldía resolverá o procedemento selectivo co nomeamento do aspirante seleccionado.
20. TOMA DE POSESIÓN.
Realizarase de forma inmediata ao chamamento de incorporación debido a urxencia da incorporación.
21. DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN.
No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas.
22. RECURSOS.
Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, definitiva en vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación ou ben interpor recurso contenciosoadministrativo, ante o correspondente Xulgado do ContenciosoAdministrativo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que estime procedente.
Xove, 24 de xaneiro de 2020.- O Alcalde. Jose Demetrio Salgueiro Rapa.
R. 0183

Powered by TCPDF www.tcpdf.org
Anuncio publicado en: Num BOP 25 año 2020 31/01/2020
30/01/2020 08:00:00
11:11:52

Lugar de presentación. Os devanditos documentos presentaranse polos mecanismos establecidos na base 9.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/01/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha31/01/2020

Nro. de páginas11

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones