Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/01/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 023 mércores, 29 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
VILALBA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía de data 16/01/2019 foron aprobadas as bases de selección e a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a prazas de Arquitecto Técnico para o subgrupo A2, co contido seguinte:
BASES DE SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTA DE ASPIRANTES A FUNCIONARIO/A INTERINO/A DE
PRAZAS DE ARQUITECTO TÉCNICO GRUPO: A; SUBGRUPO: A2; ESCALA: ADMINISTRACIÓN ESPECIAL;
SUBESCALA: TÉCNICA, MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE.
PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA E XUSTIFICACIÓN DA MESMA:
1. O obxecto desta convocatoria é a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a de prazas de arquitecto técnico grupo: A; subgrupo: A2; escala: administración especial; subescala:
técnica, para cando sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
A lista de aspirantes creada terá vixencia ata o 31 de decembro de 2023. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.
2. As funcións a desenvolver na praza de arquitecto técnico serán, de acordo coa súa capacitación técnica e profesional e en aplicación da normativa vixente:
- Asumir o informe técnico das actividades sometidas ó deber de obtención de licenza de apertura, instalación ou funcionamento, sexan de establecementos fabrís, industriais, comerciais ou de calquera outra índole.
- Realizar informes de licencias de obras menores, actividades, aliñacións e primeiras ocupacións.

- Redacción de proxectos e memorias valoradas en materias e expedientes vinculados ao eido competencial do departamento.
- Prestar colaboración e asistencia técnica, por necesidade ou requirimento, naqueles asuntos propios do departamento.
- Realizar informes preceptivos, e relativos ás materias propias do eido competencial do departamento.
- Calquera outra vinculada co eido competencial no que se integra.
SEGUNDA.- TIPO E DURACIÓN DA PROVISIÓN:
Ó remate do proceso selectivo aprobarase unha lista de aspirantes a funcionario interino de prazas de arquitecto técnico para o seu nomeamento cando queden acreditados no expediente os requisitos esixidos pola normativa aplicable e a existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
O funcionario interino cesará, ademais de polas causas que determinan a perda da condición de persoal funcionario de carreira, cando concorra algunha das circunstancias ás que se refire o artigo 24.2 da Lei 2/2015
do emprego público de Galicia.
TERCEIRA.- SISTEMA SELECTIVO E FORMACIÓN DE LISTA DE INTERINOS:
Segundo os artigos 10.2 do EBEP e 24.1 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia, a selección de funcionarios interinos realizarase mediante procedementos áxiles que respectarán en todo caso os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e libre concorrencia.
As probas selectivas realizaranse polo sistema de concurso-oposición libre.
CUARTA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
1. Serán requisitos mínimos dos aspirantes a esta selección de persoal:
- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ó emprego público de conformidade co disposto no artigo 52 Lei 2/2015 do emprego público de Galicia.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non se achar inhabilitado ou en situación
Anuncio publicado en: Num BOP 23 año 2020 29/01/2020
28/01/2020 08:00:00
12:57:06

- Asumir, con carácter xeral, o informe técnico no eido das licenzas e disciplina urbanísticas, dentro do marco competencial do departamento.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/01/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha29/01/2020

Nro. de páginas13

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones