Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/01/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 013 venres, 17 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago da taxa, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que podan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevado a definitivo se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra o mesmo.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 10/03/2020. Para o cobro dos mesmos, lles serán facilitados os correspondentes recibos en cada posto os días de feira.

Becerreá, 10 de xaneiro de 2020.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 0069

CASTROVERDE
Anuncio Por Resolución de Alcaldía, do 10 de xaneiro de 2020, prestouse aprobación ao Padrón do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de decembro de 2019, e exponse ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, 11 de xaneiro de 2020.-O Alcalde, Xosé María Arias Fernández.
R. 0070

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio Aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 30 de decembro do 2019, o REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS, publícase o texto do mesmo:
REGULAMENTO ORGÁNICO DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
ARTIGO 1.- OBXECTO
1.- De conformidade coa potestade regulamentaria e de autoorganización, o presente regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento do Pleno do Concello de Monforte de Lemos.
2.- Este regulamento, a lexislación básica estatal na materia e a lexislación autonómica en materia de organización, conforman as fontes normativas de organización e funcionamento do Pleno.
ARTIGO 2.- O PLENO
O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía no goberno municipal. Está integrado polos concelleiros/as e presidido pola Alcaldía. Controla e fiscaliza ós órganos de goberno, exerce a potestade regulamentaria e orzamentaria e demais atribucións que lle outorgan as leis.

Anuncio publicado en: Num BOP 13 año 2020 17/01/2020
16/01/2020 08:00:00
13:15:12

Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/01/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha17/01/2020

Nro. de páginas23

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones