Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/01/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 012 xoves, 16 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
PARADELA
Anuncio Por acordo de Xunta de Goberno Local de 27 de decembro de 2019, aprobouse o Padrón Tributario da taxa pola prestación do servizo de augas e lixo e Canon de auga da Xunta, correspondente ao 2º semestre do exercicio 2019, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas.
Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións de tributos municipais incorporadas a éste, poderase formular recurso de reposición ante esta Xunta de Goberno Local, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interponerse ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso.
A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Paradela, 10 de xaneiro de 2020.- O Alcalde, José Manuel Mato Díaz.

O PÁRAMO
Anuncio Aprobado inicialmente en sesión ordinaria de Pleno deste Concello, de data 30 de Decembro de 2019 , o Orzamento Xeral, Bases de Execución, e a plantilla de persoal para o exercicio económico 2020, con arranxo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións.
Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes.
De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non presenten reclamacións.
O Páramo, 10 de Xaneiro de 2019.- O Alcalde, José Luis López López.
R. 0064

A PONTENOVA
Anuncio LISTAXE DE CONTRIBUÍNTES POR APLICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO
POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR SAF E DA ESCOLA DE MÚSICA DE DECEMBRO 2019.
Por Resolución de alcaldía de nove de xaneiro de 2020 respectivamente, resólvese prestar aprobación das devanditas listaxes que estarán expostas nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas; durante o prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes,entendéndose defintivamente aprobada se transcurrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra ésta.
Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición, anterior o contencioso-administrativo, perante a alcaldía no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública da listaxe.Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle:

Anuncio publicado en: Num BOP 12 año 2020 16/01/2020
15/01/2020 08:00:00
14:02:25

R. 0063

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/01/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha16/01/2020

Nro. de páginas8

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones