Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 010 martes, 14 de xaneiro de 2020

BOP Lugo
c Ao fronte de cada Departamento estará unha persoa funcionaria Letrada-especialista na materia respectiva, que a maiores das funcións que xa tiñan como persoal Letrado asumen a responsabilidade sobre dita especialidade xurídica, e a coordinación e xefatura do persoal do departamento, todo elo baixo a dependencia da Dirección da Asesoría Xurídica, con quen colaborarán como adxuntos a esta na organización e funcionamento da mesma.
Artigo 3.- O persoal letrado da Asesoría Xurídica 1. Correspóndenlle aos/ás letrados/as as funcións de asesoramento en Dereito e de representación e defensa en xuízo, nos termos e coa extensión previstas nas Leis e neste Regulamento..
2. Teñen a consideración de persoal letrado, aos efectos deste regulamento, os/as funcionarios/as pertencentes a subescala técnica superior de letrados e os funcionarios licenciados en Dereito do Grupo A-1 adscritos á Asesoría Xurídica que, conforme á Relación de Postos de Traballo, desenvolvan funcións de letrado/a.
3. En caso de extraordinaria e urxente necesidade, cando os postos de traballo da Asesoría Xurídica se atopen vacantes, poderán ser desempeñados provisionalmente conforme aos sistemas de provisión temporal, regulamentados na normativa vixente que sexa aplicable, por persoal da Deputación provincial encadrado nos Grupos A1 ou A2,con título de licenciado/a en dereito ou graduado, cesando ditas habilitacións cando desaparezan as circunstancias que determinaron o nomeamento ou cando se provexa a praza de forma regulamentaria, podéndose tamén cubrir ditos postos mediante o nomeamento de persoal funcionario interino, de conformidade co establecido na normativa xeral da función pública.
4. Corresponde ao persoal letrado da Deputación de Lugo os dereitos, deberes e prerrogativas establecidos pola lexislación vixente para o asesoramento xurídico e a representación e defensa en xuízo da Administración local.
5. As persoas que desempeñe o posto de letrado/a , na súa condición de funcionarios sométense ás pautas deontolóxicas que rexen o exercicio da Avogacía, en especial as contidas no Estatuto Xeral da Avogacía e no Código Deontolóxico dos Colexios de Avogados da Comunidade Europea. No exercicio das súas funcións gozarán de absoluta independencia intelectual, o que incluirá a liberdade doutrinal e de expresión.
6. O persoal letrado, no exercicio da representación e defensa dos Concellos da provincia e demais entes locais, deberán aplicar na defensa dos intereses da Entidade representada todos os coñecementos e técnicas xurídicas ao seu alcance procurando ter a máxima eficacia na defensa procesual.
7. O persoal letrado está obrigado a gardar segredo profesional dos feitos e noticias que coñezan por razón da súa actuación profesional na función de asistencia xurídica, así como a reservar a estratexia procesual a seguir.
Artigo 4.- Dirección da Asesoría Xurídica.
1. Baixo a dependencia directa da Presidencia, correspóndelle á Dirección da Asesoría Xurídica da Deputación de Lugo, coordinar e dirixir os servizos xurídicos da Deputación Provincial de Lugo e organismos dependentes da mesma. Así mesmo realizará directamente ou a través do persoal adscrito a ese servizo, tanto as funcións de representación e defensa en xuízo da Administración Provincial e dos seus organismos dependentes, como do asesoramento xurídico aos órganos provinciais, así como as demais funcións que lle veñan atribuídas por norma legal ou neste regulamento.
2. A dirección da Asesoría Xurídica designarase entre persoas funcionarias-letradas ou funcionarios de calquera das Administracións públicas ou Organismos públicos que pertenzan a corpos ou escalas xurídicas para cuxo ingreso sexa necesario o título de licenciado/a ou graduado/a en dereito.
3. Dependendo da Dirección da Asesoría Xurídica existirán Letrados/as-Asesores/as especialistas dos departamentos xa referidos no artigo 2, que ademais das súas funcións como Letrados/as, lles corresponderá colaborar como adxuntos á Dirección da Asesoría na organización e bo funcionamento desta.
4. No caso de ausencia, vacancia ou enfermidade da persoa titular da dirección, esta será substituída polas persoas funcionarias que ocupen os postos de Letrado/as-Asesores especialistas por expresa delegación desta ou atribución da Presidencia da Deputación ou, no seu defecto, polo letrado máis antigo no cargo.
Artigo 5.- Persoal de apoio.
O persoal de apoio aos letrados/as da Deputación de Lugo ten como misión asegurar o correcto funcionamento da Asesoría Xurídica en relación con aqueles cometidos que non estean atribuídos aos letrados/as.
O persoal de apoio dos distintos servizos e unidades da Asesoría será o determinado na Relación de Postos de Traballo da Deputación de Lugo.
Artigo 6.- Unidade de criterio.
1. Corresponde á Dirección da Asesoría Xurídica garantir o principio de unidade de criterio no exercicio das funcións de asistencia xurídica.
2. Aos devanditos efectos, correspóndelle a esta dirección:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/01/2020

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha14/01/2020

Nro. de páginas32

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones