Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/12/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

43

Núm. 297 sábado, 28 de decembro de 2019

BOP Lugo
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b y 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións http www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index:
Primeiro. Beneficiarios.
A. LIÑA DE AXUDA Á CONTRATACIÓN
Poderán solicitar unha subvención ao abeiro do PEM aquelas empresas con personalidade xurídica privada calquera que sexa a súa modalidade, autónomos, sociedades civís, unións temporais de empresas, comunidades de bens, fundacións e asociacións aínda carentes de personalidade xurídica, que desexen contratar a unha ou máis persoas que reúnan os requisitos antes referidos, sempre que o contrato sexa de duración mínima inicial de seis meses. Ademais, no caso particular das UTEs, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas.
Quedan excluidas en calquera caso, aquelas entidades, empresas ou autónomos prestadores de servizos ao Concello de Xove a través da modalidade contractual de xestión ou prestación de servizos recollidas na lexislación de contratos.
Igualmente quedan excluidas da posibilidade de ser beneficiarias destas axudas as administracións públicas, sociedades públicas ou calquera outro tipo de ente dependente, vinculado ou con participación de unha administración pública.
En ningún caso se subvencionarán contratacións que non teñan esta contratación mínima inicial, incluídos os contratos de obra que non teñan data concreta de finalización que tampouco se subvencionarán en ningún caso.

Poderán solicitar unha subvención ao abeiro do PEM aquelas persoas que estean empadroadas e con residencia efectiva no municipio mínima de 6 meses anteriores á data de solicitude, requisito que se deberá manter durante toda a vixencia do expediente subvencionado que, de conformidade con estas bases e seguindo o procedemento establecido nas mesmas, creen o seu posto de traballo sempre que se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, ou creen unha sociedade. A tal efecto, polo órgano competente poderán recadarse cantos documentos, informes ou antecedentes sexan precisos para o coñecemento da residencia no termo municipal, ben emitidos polos servizos municipais ou por calquera outro que proceda.
Segundo. Obxecto Constitúe obxecto das presentes bases a regulación do procedemento aplicable para o outorgamento de axudas a conceder ao abeiro do Plan de Emprego Municipal para facilitar ás persoas de Xove a súa incorporación ou reincorporación ao mercado de traballo.
Terceiro. Bases reguladoras Pode consultarse a Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Xove na seguinte dirección:
http xove.sedelectronica.gal/transparency/58926865-bd2e-46f3-857a-14f57f19f9fd/
Cuarto. Contía das axudas A. LIÑA DE AXUDA Á CONTRATACIÓN.
1.- Establécese un período máximo, de tres anos, tanto para as contratacións indefinidas coma para as temporais, para efectuar libramentos ás empresas que realizasen contratacións ao abeiro do PEM.
2.- As empresas que contraten persoal veciño de Xove ao abeiro do PEM, poderán acollerse a unha subvención por cada persoa contratada, segundo as modalidades existentes:
1.1.- Subvención a contratacións laborais indefinidas: no caso da contratación dun home, máximo de 5.400 para os tres primeiros anos; ata un máximo anual de 1.800 euros. No caso dunha muller, máximo de 6.300 para os tres primeiros anos e ata un máximo anual de 2.100 euros.
1.2.- Subvención a contratacións laborais temporais de seis ou máis meses de duración: no caso da contratación dun home, máximo de 3.000 euros para os tres primeiros anos; ata un máximo anual de 1.000 euros. No caso dunha muller, máximo de 3.900 euros para os tres primeiros anos; ata un máximo anual de 1.300 euros.
3.- Cando as contratacións sexan inferiores aos 12 meses e/ou á xornada a tempo completo establecida en cada caso, a contía da subvencióncorrespondente calcularase de forma proporcional.
B. LIÑA DE AUDA AO AUTOEMPREGO
Establécese un período máximo para efectuar libramentos de tres anos para as altas de autónomos ao abeiro do PEM.

Anuncio publicado en: Num BOP 297 año 2019 28/12/2019
27/12/2019 08:00:00
15:40:44

B. LIÑA DE AXUDA AO AUTOEMPREGO

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/12/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha28/12/2019

Nro. de páginas45

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Diciembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031