Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 275 sábado, 30 de novembro de 2019

BOP Lugo
Funcións: Emitir o ditame no que concrete o resultado da avaliación efectuada; á vista dos expedientes e informes remitidos polo órgano instrutor do procedemento.
- Órgano instrutor: funcións:
- Requirirlle á entidade solicitante naqueles supostos nos que a documentación presentada resulte incompleta e/ou defectuosa para que no prazo de dez días hábiles emende as deficiencias observadas, de conformidade e cos efectos previstos no artigo25 da lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas considerándose desistida do seu dereito se transcorrido o prazo non atende ao requirido.
- Requirir os informes precisos e efectuar as comprobacións que estime oportunas a fin de verificar os datos achegados para unha mellor valoración das solicitudes.
- Realizar a preavaliación das solicitudes verificando o cumprimento das condicións impostas para adquirir a condición de beneficiaria/o e efectuar a avaliación conforme aos criterios, formas e prioridades dispostos na convocatoria, elevando o correspondente informe á comisión de valoración de cada un dos expedientes.
- O órgano instrutor, en función da puntuación obtida por cada expediente, formulará a proposta de resolución que será aprobada pola Xunta de Goberno Local.
- Prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento. Este será de SEIS MESES, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria. Transcorrido o dito prazo sen que se adopte resolución expresa, a solicitude poderase entender desestimada.
A resolución poñerá fin á vía administrativa, e contra ela as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo.

- A aceptación da subvención concedida entenderase efectuada se no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte hábil ao da notificación, non renunciasen a ela expresamente mediante escrito dirixido ao órgano concedente.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
- As subvencións que se outorguen ao abeiro desta convocatoria serán compatibles con outras para o mesmo fin sen que en ningún caso o importe total subvencionado poida superar o 95% do custo total da actividade. O 5 % do gasto proposto e orzamentado no proxecto presentado deberá ser financiado exclusivamente pola asociación ou entidade. No caso de que exista sobrefinanciamento, a/o beneficiaria/o deberá proceder ao reintegro da contía concedida polo Concello de Lugo na cantidade que exceda do custo da actividade.
Artigo 7. Publicidade das subvencións concedidas Procederase á publicación da concesión das subvencións outorgadas de conformidade co establecido no artigo 8
da Ordenanza xeral municipal reguladora da concesión de subvencións e o contemplado no Titulo II da lei 19/2013
de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Ademais o Concello deberá facilitar a información procedente á Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS, conforme ao disposto no artigo 18.2 da lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 8. Criterios de valoración e contía da subvención A concesión ou denegación das subvencións, así como a súa cuantificación económica, efectuarase tendo en conta os seguintes criterios:
Criterio de valoración
Puntuación
Por número de deportistas federadas/os mínimo 10, máximo 300 licenzas;
distribuiranse máximo 8 puntos en proporción o número de licenzas tramitadas, baseándose nos certificados emitidos polas propias federacións
Ata 8 puntos
Por número de deportistas femininas federadas
Ata 1 punto
Que se trate de actividades que presenten, a xuízo da comisión de avaliación, unha traxectoria de coordinación e colaboración nas súas actuacións no Concello
Ata 3 puntos
Puntuación máxima
12 puntos
Anuncio publicado en: Num BOP 275 año 2019 30/11/2019
29/11/2019 08:00:00
14:33:55

- Non se admite a reformulación das solicitudes para os supostos nos que a subvención concedida sexa inferior á que figura na solicitude.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 30/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha30/11/2019

Nro. de páginas55

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones