Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 273 xoves, 28 de novembro de 2019

BOP Lugo
d Capacidade: Posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas debendo posuir a aptitude psicofísica precisa e a compatibilidade da súa capacidade ou discapacidade para o normal desempeño das funcións e tarefas do posto de traballo ao que corresponde a praza a que vai dirixida .
f Non acharse incurso en causa legal de incapacidade ou incompatibilidade, previstos na normativa vixente en materia de incompatibilidades de persoal ao servizo das Administracións Públicas, sen prexuizo, para quenes ocupen xa un cargo público ou unha actividade privada incompatible, de exercitar o dereito de opción a que se refiren as citadas normas legais.
g Acreditar estar en posesión do Perfil lingístico CELGA 4 ou equivalente, imprescindible para cubrir a praza.
TERCEIRA.- INSTANCIAS E ADMISIÓN
As solicitudes deberán cumprimentarse no modelo oficial que aparece recollido nas bases da convocatoria. As solicitudes presentaranse no prazo de DEZ DIAS hábiles dende a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, sede electrónica do Concello e taboleiro de anuncios.
As instancias solicitando a admisión ao concurso-oposición dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de O Incio debendo reunir os seguintes requisitos:
- As persoas aspirantes deberán facer constar que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda da convocatoria, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias.
-Asimismo, deberán facer constar os datos relativos aos méritos a valorar na fase de concurso. Unicamente se computarán os méritos alegados e acreditados ata o día en que finalice o prazo de presentación de instancias.
Os méritos alegados na solicitude acreditaranse mediante documento orixinal ou fotocopia compulsada. Neste sentido, advírtese que, unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias, non se admitirá a subsanación da acreditación dos méritos.
- Xunto coa instancia deberá presentarse a seguinte documentación:
persoas
aspirantes
2.- Fotocopia compulsada do título esixido para tomar parte no proceso selectivo.
3.- A persoa aspirante que se atope na posesión do nivel lingístico esixido, deberá manifestalo na instancia e aportar con ésta o documento acreditativo orixinal ou fotocopia compulsada do mesmo.
- As instancias presentaranse debidamente cumprimentadas nos rexistros das Administracións Públicas sinaladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Estarán dirixidas ao Alcalde-Presidente do Concello de O Incio, e deberán estar datadas e seladas polo funcionario correspondente dentro do prazo de presentación de instancias. As persoas que presenten estas instancias en rexistros oficiais distintos ás oficinas ou á Sede Electrónica do Concello deberán comunicar este feito para constancia no expediente.
Os erros de feito que poideran advertirse poderán ser subsanados en calquera momento, de oficio ou a petición da persoa interesada. Non se considerarán erros a non inclusión na instancia dos méritos ou a non incorporación a aquela dos documentos acreditativos dos mesmos. Se por parte da interesada se advertira algunha omisión sobre este particular, poderá subsanala ata a finalización do prazo de presentación das instancias; unha vez finalizado o dito prazo, non se admitirá a subsanación.
CUARTA. DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
A participación no proceso selectivo obxecto das presentes Bases supón o consentimento para formar parte da bolsa de traballo por parte da persoa aspirante, así como consentir o tratamento dos seus datos de carácter persoal recollidos na solicitude para a súa publicación en calquera medio que se utilice para a comunicación dos resultados parciales ou definitivos así como para a verificación da acreditación do coñecemento do galego e, en xeral, os datos que sexan necesarios para a correcta preparación e execución da proba correspondente do proceso selectivo por parte do propio Tribunal.
O presente proceso selectivo está rexido polo principio de publicidade, polo que non se admitirá a solicitude si a persoa aspirante non consinte a cesión de datos co contido e para os fins indicados no párrafo anterior.
As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude se permiten a cesión de datos a outras entidades da Administración Pública relativos a: Nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono de contacto e nivel de formación, única e exclusivamente para que por éstas lles podan ser realizadas ofertas de emprego nos termos legalmente previstos, considerándose, de non constar expresamente, que non prestan consentimento para iso.
Os datos de carácter persoal das persoas aspirantes pasarán a formar parte dun ficheiro denominado oferta de emprego que será obxecto de tratamento co fin de poder xestionar o proceso selectivo. Dito ficheiro será xestionado pola Secretaría do Concello de O Incio. As persoas aspirantes poderán exercer o dereito de acceso, cancelación, oposición e rectificación dos seus datos.
O tratamento dos datos persoais levarase a cabo segundo o estabrecido na Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Anuncio publicado en: Num BOP 273 año 2019 28/11/2019
27/11/2019 08:00:00
12:27:30

1.- Fotocopia DNI ou documento acreditativo da identidade e nacionalidade no caso de dalgún dos Estados da Comunidade Europea.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha28/11/2019

Nro. de páginas19

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones