Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 269 sábado, 23 de novembro de 2019

BOP Lugo
4.- Baixo a dependencia directa da Presidencia, correspóndelle ao xefe/a do servizo coordinar e dirixir o Servizo de Audiovisuais da Deputación Provincial de Lugo.
5.- A xefatura do servizo será de acordo co establecido na Relación de persoal da entidade, aprobada por acordo do Padroado, cuxa actividade é asumida pola Deputación de Lugo.
6.- O servizo está constituído polos docentes, técnicos e persoal de administración e servizos e estruturado nos centros nos que se divide, e que están conectados entre si, cun funcionamento transversal.
Artigo 4.- Funcións.
Son funcións do Servizo de Audiovisuais.
a Fomentar, promover e executar os estudos, propostas, programas, certames, intercambios e contactos nacionais e internacionais, congresos, seminarios, xornadas, publicacións, bolsas e calquera outro tipo de actividades dirixidas a poñer en valor o audiovisual na provincia de Lugo.
b Prestar apoio técnico, formativo e promocional para que todas aquelas accións vinculadas co audiovisual, conten con recursos que lles permitan superar as dificultades iniciais que pode supor a promoción destas iniciativas.
c Impulsar accións dirixidas a desenvolver proxectos para difundir o labor dos colectivos con dificultades de integración social, ONGs, asociacións culturais, entidades deportivas e empresas audiovisuais, mediante a realización de actividades neste ámbito.
d Fomentar, promover e executar accións destinadas á alfabetización dixital dos lucenses.
e Divulgar as actividades e actuacións da Deputación de Lugo a través de contidos audiovisuais.
f Favorecer o desenvolvemento local e a produción audiovisual colaborando na realización de actividades de promoción da provincia de Lugo e os seus Concellos.

h A responsabilidade directa da xestión de centros educativos de formación e de ensinanza en todas as súas ordes, regrada e non regrada, directamente ou a través de convenios, contratos ou formas de xestión que sexan realizados pola Deputación provincial de Lugo.
i Xestionar as colaboracións que a Deputación provincial de Lugo acade, de xeito especial coas administracións e entidades con responsabilidade e competencias no audiovisual, no campo da educación, da produción e da formación en materia audiovisual.
En ningún caso a actividade do Servizo de Audiovisuais terá como destinatarios a organizacións políticas ou organizacións sindicais.
CAPÍTULO IICENTRO DE FORMACIÓN DE AUDIOVISUAIS.
Artigo 5.- Fins do Centro de formación de audiovisuais O Centro de Formación de Audiovisuais realizará, con base nos fins xerais do servizo as actividades de formación e educación no eido do audiovisual.
Artigo 6.- Funcións do Centro de formación de audiovisuais.
As funcións a desenvolver polo Centro de Formación de Audiovisuais serán:
1.

Manter unha oferta académica vangardista e de calidade.

2.

Ampliar a formación dos alumnos, ex alumnos e usuarios mediante o desenvolvemento dun programa formativo complementario e extraescolar máis en sintonía co novo modelo das industrias audiovisuais.

3.

Potenciar a formación para o emprendemento propoñendo a celebración de xornadas de encontro con empresas, incluíndo na oferta académica competencias emprendedoras na formación como un estímulo para posteriormente desenvolver este tipo de aptitudes e comportamentos para o emprendemento, con accións que busquen a formación en competencias básicas, competencias laborais, cidadás e competencias empresariais dentro do sistema educativo formal e non formal e a súa articulación co sector produtivo.

4.

Promover o intercambio de experiencias cos Campos Mixtos: Intensificar as relacións coa universidade e con outros centros nacionais implicados na formación dentro do campo da comunicación e audiovisual.

5.

Deseñar fórmulas que faciliten a inserción laboral atendendo ás necesidades do ensino e aprendizaxe de todos os participantes na educación e Formación Profesional.

6.

Asesorar aos centros educativos na educación en comunicación audiovisual.

7.

Promover actividades formativas de alfabetización dixital do colectivo dos maiores.

Anuncio publicado en: Num BOP 269 año 2019 23/11/2019
22/11/2019 08:00:00
12:56:36

g Prestar asesoramento e apoiar, de acordo co instrumento xurídico apropiado en cada caso nas materias da súa competencia.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha23/11/2019

Nro. de páginas17

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones