Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 264 luns, 18 de noviembre de 2019

BOP Lugo
actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19
de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 4 de novembro de 2019.- A Xefa Territorial, Pilar Fernández López.

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS. SERVIZO DE ASISTENCIA XURÍDICA, TÉCNICA E ECONÓMICA AOS CONCELLOS
Anuncio CONVOCATORIA DO VIII ENCONTRO PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS
A reforma do réxime local en Galicia. A planta local O municipio constitúe o nivel básico e esencial da organización territorial de Galicia, regulándose na lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, os seus elementos esenciais, de entre os cales destaca, pola problemática que leva aparellada, o territorio. A opinión unánime, neste momento, é que o número de municipios españois non é, precisamente, pequeno, polo que o seu aumento non semella o máis desexable, sobre todo se temos en conta que, en principio, os pequenos municipios, con escasa poboación e insuficientes medios económicos, dificilmente poden atende-las esixencias que require a prestación dos servizos públicos. Por isto pretendese lograr fórmulas axeitadas que, sen adoptar medidas drásticas, dificulten a creación de novos municipios independentes, favorecendo, pola contra, o asociacionismo municipal, xa que a experiencia demostrou que as mancomunidades de municipios ou os consorcios locais, infrautilizados no territorio galego, xestionan con menor custo e maior efectividade as competencias locais especialmente no caso dos pequenos municipios .
Poténciase actualmente, se cabe, e por outro lado a competencia especial que teñen as deputacións provinciais, consistente en asegura-lo acceso da poboación ó conxunto dos servizos mínimos de competencia municipal, podendo, mesmo, substituílo municipio na prestación deles e debendo facelo coa aprobación do Plan provincial de obras e servizos. Ademais, no marco da proposta de Administración única e do principio de subsidiariedade, están chamadas a desempeñar un papel cada vez máis importante no conxunto do sector público xa que, pola súa experiencia e proximidade ó cidadán, poden prestar mellor os servizos que este demanda.
O desenvolvemento deste VIII ENCONTRO PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS
busca a reflexión ou debate sobre a reforma local en Galicia, coa asistencia de diferentes expertos na materia que farán unha análise da denominada planta local no noso territorio a través dos seus relatorios e experiencias, e tendo en conta o dereito comparado do noso contorno máis preto.
PROGRAMA
VIII ENCONTRO PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS
A reforma do réxime local en Galicia. A planta local Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo -3 de decembro de 2019-

Anuncio publicado en: Num BOP 264 año 2019 18/11/2019
15/11/2019 08:00:00
12:16:33

R. 3389

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha18/11/2019

Nro. de páginas10

Nro. de ediciones3288

Primera edición01/03/2013

Ultima edición27/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones