Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/11/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 258 luns, 11 de novembro de 2019

BOP Lugo
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19
de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 18 de outubro de 2019.- A Xefa Territorial, Pilar Fernández López.

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE PATRIMONIO
Anuncio A Xunta de Goberno en sesión ordinaria celebrada o 6 de novembro de 2019 aprobou a proposta relativa o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no procedemento para o alleamento de diversas cabezas de gando da Granxa Provincial Gayoso Castro mediante a celebración dunha poxa do seguinte teor literal:
De conformidade ás previsións contidas na Lei 33/2003 de 3 de novembro do Patrimonio das Administracións Públicas e o seu regulamento de aplicación, aprobado polo Real Decreto 1373/2009, de 28 de agosto e do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Administracións Locais, procedese a establecer as bases que rexerán o alleamento de 35 semoventes bovinos de raza cachena e 29
bovinos de raza frisoa de titularidade provincial mediante a celebración de poxa pública.
Cláusula 1. Obxecto do procedemento.
É obxecto do presente procedemento o alleamento, por medio de poxa pública á alza e de xeito individualizado, de 35 bovinos de raza cachena e de 29 bovinos de raza frisoa que forman parte do fato de gando vacún existente na Granxa Provincial Gayoso Castro que se declaran excedentes por diversas circunstancias de produción, infertilidade, idade no censo de animais segundo relación de semoventes bovinos que se xunta.
Cláusula 2. Réxime xurídico.
A lexislación aplicable ao presente procedemento será a seguinte: Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986 do Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, a lexislación básica da Lei 33/2003, de 3 de novembro do Patrimonio das Administracións Públicas o Real Decreto 1372/1986 que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, a lexislación non básica da Lei 33/2003, de 3 de novembro do Patrimonio das Administracións Públicas, o seu desenvolvemento regulamentario polo Real Decreto 1373/2009, de 28 de agosto.
Ademais, as partes quedan sometidas expresamente ao establecido neste prego de condicións e a presentación de ofertas implica a aceptación de todos os seus extremos.
En defecto das citadas normas, serán de aplicación a Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento.

Anuncio publicado en: Num BOP 258 año 2019 11/11/2019
08/11/2019 08:00:00
13:03:49

R. 3337

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/11/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha11/11/2019

Nro. de páginas26

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones