Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/10/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 250 xoves, 31 de outubro de 2019

BOP Lugo
7 Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola utilización da piscina municipal e demais instalacións análogas.
De conformidade co que dispón o artigo 17.2 do Real decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, estará exposto ao público durante o prazo de trinta días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que os interesados poidan examinalo e, si cabe, presentar as oportunas reclamacións.
No caso de non presentarse ningunha reclamación, o acordo provisional considerarase elevado a definitivo e procederase á publicación do texto íntegro das modificacións introducidas ao vixente.
Monforte de Lemos, 29 de outubro de 2019.- O alcalde-presidente, José Tomé Roca.
R. 3266

Anuncio APROBACIÓN INICIAL DE EXPEDIENTE DE MODIFICACION DE CRÉDITOS
Aprobado inicialmente en sesión ordinaria do Pleno deste Concello, o día 28 de outubro de 2019 o expediente núm. 62/2019 de modificación de créditos baixo a modalidade de transferencia de créditos entre partidas de diferentes áreas de gasto do orzamento vixente por importe de 31.710,25 €, segundo o previsto no artigo 169
do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, sométese o expediente a exposición pública polo prazo de quince días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas, de non producirse alegacións entenderase aprobado con carácter definitivo.
Monforte de Lemos, 29 de outubro de 2019.- O Alcalde, José Tomé Roca.

PALAS DE REI
Anuncio Expediente núm.: 622/2019
O Pleno do Concello de Palas de Rei, en sesión ordinaria celebrada o 17 de outubro de 2019, adoptou, entre outros, o acordo que literalmente se transcribe na súa parte dispositiva:
Aprobación da Fiscalización de Dereitos e Ingresos mediante toma de razón e control financeiro.
Vista a proposta do Secretario en relación co expediente instruído para a aprobación da fiscalización de dereitos e ingresos mediante toma de razón e control posterior, de conformidade co disposto no artigo 9 do Real Decreto 424/2017, de 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do Sector Público Local, en consonancia co 219.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Pleno, por unanimidade, ACORDA:
PRIMEIRO. Aprobar a substitución da fiscalización previa de dereitos e ingresos polo control inherente á toma de razón en contabilidade e o control financeiro posterior mediante técnicas de mostraxe ou auditoría, considerando os datos expresados no Informe de Intervención de data 09/10/2019, así como a propia necesidade de axilizar a xestión económico-financeira e implantar novas formas organizativas nas que prime a simplificación administrativa e o menor tempo de tramitación.
SEGUNDO. Como principio xeral, os dereitos e ingresos das Entidades Locais poderán fiscalizarse a posteriori mediante a toma de razón en contabilidade e o control financeiro posterior mediante técnicas de auditoría, fóra dos actos de ordenación e pago material derivados de devolucións de ingresos indebidos que continúan sometidos á función interventora plena previa, tal e como recolle o artigo 9.3 do Real Decreto 424/2017, de 28
de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do Sector Público Local.
Desta maneira, os dereitos e ingresos que se producen en masa nesta Corporación, tales como os ingresos de contraído previo por recibo derivados da xestión cobratoria de padróns conxuntivos de contribuíntes e/ou usuarios de servizos públicos, ou de utilizacións privativas do dominio público local sexan ou non de natureza Xurídica tributaria, e igualmente os ingresos singulares derivados dunha ordenanza fiscal ou acordo de establecemento de prezo público, poderán fiscalizarse a posteriori mediante a toma de razón en contabilidade e o control financeiro mediante técnicas de auditoría.
Con todo, os dereitos e ingresos específicos singulares, talles como os subsumibles en materia de subvencións ou transferencias casuísticas, sexan correntes ou de capital, os ingresos procedentes de operacións financeiras de calquera xénero, os procedentes de convenios de calquera clase, de alleamento de investimentos reais e máis
Anuncio publicado en: Num BOP 250 año 2019 31/10/2019
30/10/2019 08:00:00
12:13:42

R. 3265

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/10/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha31/10/2019

Nro. de páginas10

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Octubre 2019>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031