Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/10/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

8

Núm. 243 mércores, 23 de outubro de 2019

BOP Lugo
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 10 de outubro de 2019, prestouse aprobación inicial o padrón correspondente ao terceiro trimestre do ano 2019 da:

Taxa polo subministro de auga.
Taxa pola recollida de lixo.
Taxa canon de auga.

Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago das taxas, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente edito no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentalas reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contenciosoadministrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida Xurisdición.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto 1684/1990, do 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario ata o 31.12.2019 Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.
Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ao enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectuar o pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, o obrigado ao pagamento deberá persoarse nas Oficinas Municipais, para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e no seu caso das costas do procedemento de apremio.
No caso do Canon da auga a falta de pago no período voluntario suporá a esixencia do mesmo pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano correspondente da Xunta de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.
A presente publicación ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do establecido no artigo 102.3 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Pedrafita do Cebreiro, 11 de outubro de 2019.- O alcalde, José Luis Raposo Magdalena.
R. 3131

O SAVIÑAO
Anuncio Exposición pública do padrón de contribuíntes suxeitos a AUGA, LIXO urbán e SUMIDOIROS correspondentes ao 6º bimestre do exercicio 2018, aprobado por Decreto de Alcaldía de data 15 de outubro do 2019.
Lugar: Servizo de Xestión Tributaria do Concello Praza de España, 1
Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 23 de outubro de 2019 ao 5 de decembro de 2019.
PERIODO VOLUNTARIO DE RECADACIÓN: Nos termos do artigo 62.2 da Lei 58/2003: Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, dende a data de recepción da notificación ata o día vinte do mes posterior ou si este non fose hábil ata o inmediato hábil seguinte; se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e o último de cada mes dende a data de recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou si este non fose hábil ata inmediato hábil seguinte en período voluntario. A partir da devandita
Anuncio publicado en: Num BOP 243 año 2019 23/10/2019
22/10/2019 08:00:00
14:39:41

ANUNCIO DE COBRANZA.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 23/10/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha23/10/2019

Nro. de páginas10

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Octubre 2019>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031