Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/10/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 229 venres, 04 de outubro de 2019

BOP Lugo
e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 23 de setembro de 2019.- A Xefa Territorial, Pilar Fernández López.
R. 2917

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Aprobada inicialmente polo Pleno desta Corporación en sesión ordinaria celebrada o día vinte e catro de setembro de dous mil dezanove, a modificación do Regulamento de Organización e Funcionamento da Asesoría Xurídica da Deputación Provincial de Lugo, durante o prazo de trinta días, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente, e presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunos, de conformidade co sinalado no art. 49 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Lugo, vinte e seis de setembro de dous mil dezanove.- O PRESIDENTE, José Tomé Roca. A SECRETARIA, María Esther Álvarez Martínez.
R. 2918

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, en sesión de 26 de setembro de 2019 o expediente de modificación de créditos número 15/2019, dentro do vixente presuposto municipal, por importe de 21.707,64 euros, e dando cumprimento ao establecido nos artigos 169 e 177 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, exponse ao público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde Presidente deste Concello.
Baralla, 27 de setembro de 2019.- O Alcalde, Miguel González Piñeiro.
R. 2919

CERVO
Anuncio BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR DE ALUMNAS/OS
DO CONCELLO DE CERVO QUE CURSAN ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL
1. OBXECTO E FINALIDADE DAS AXUDAS
O obxecto desta convocatoria é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións socioeconómicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos de desprazamento dos/as estudantes fora do termo municipal.

Anuncio publicado en: Num BOP 229 año 2019 04/10/2019
03/10/2019 08:00:00
11:56:38

Anuncio

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/10/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha04/10/2019

Nro. de páginas9

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones