Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/09/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 206 sábado, 7 de setembro de 2019

BOP Lugo
5.- SISTEMA DE SELECCIÓN
Consistirá en dúas fases:
A Realización das seguintes probas:
a A proba teórica consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test composto por 40 preguntas relativas ó temario que figura a continuación. Este cuestionario estará composto por preguntas con tres respostas alternativas, no que unha delas é a correcta. O tempo máximo para a realización deste exercicio é de 30 minutos.
Cada pregunta contestada correctamente terá unha puntuación de 0,25 puntos. A mal contestada restará 0,083, puntuando con 0 puntos a deixada en branco. Para superar a proba teórica e pasar a proba práctica deberá acadarse polo menos unha puntuación de 5 puntos.
TEMARIO DE MATERIAS XERAIS
Tema 1.- O municipio de Lugo. Poboación e termo municipal. Organización e competencias. Servizos municipais.
Tema 2.- O procedemento administrativo: fases.
TEMARIO DE MATERIAS ESPECÍFICAS
Tema 1.- Coñecemento xeral e capacidade de interpretación dos regulamentos: Regulamento electrotécnico de baixa tensión e instrucións complementarias. Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación.
Tema 2.- Coñecemento xeral e capacidade de interpretación do Regulamento electrotécnico de alta tensión.
Tema 3.- Constitución electrónica da materia. Corrente continua c/c. Corrente alterna c/a. Magnitudes eléctricas fundamentais. Lei de Ohm.

Tema 5.- Condensadores. Ensamblaxe de condensadores. Utilización dos condensadores como correctores do factor de potencia. Coidados para ter en conta cando se traballe cos condensadores.
Tema 6.- Magnetismo. Electromagnetismo. Xerador de c/a. Efecto autoindución e da capacidade en c/a. Circuíto en serie. Circuíto en paralelo.
Tema 7.- Correntes trifásicas. Circuítos monofásicos, bifásicos e trifásicos: aplicacións destas correntes. Alta tensión. Baixa tensión. Transformadores de potencia: funcionamento, tipos e proteccións.
Tema 8.- Aparellaxe eléctrica de alta tensión. Seccionadores. Interruptores de pequeno de volume de aceite.
Interruptores de gas. Transformadores de tensión. Transformadores de intensidade. Illadores. Autoválvulas. Tipos de apoios de redes. Crucetas. Condutores empregados. Fusibles de alta tensión. Interruptores diferenciais. Postas a terra.
Tema 9.- Aparellaxe eléctrica de baixa tensión. Caixa xeral de protección CXP. Equipos de medida. Seccionadores.
Interruptores en carga. Fusibles de baixa tensión. Interruptores diferenciais. Postas a terra.
Tema 10.- Instalacións de distribución de enerxía en baixa tensión: materiais empregados e forma de executalas.
Cadros eléctricos de baixa tensión. Compoñentes e disposición. Exemplo dun cadro para alimentación dun pequeno taller. Instalacións interiores. Elementos que compoñen unha instalación interior.
Tema 11.- Iluminación pública. Singularidades das instalacións de iluminación pública. Cadros. Redes.
Canalizacións. Arquetas. Condutores. Tomas de terra. Soportes. Caixas de conexión. Puntos de luz. Equipos auxiliares de iluminación pública. Reactancias: tipos e modelos. Condensadores. Arrancadores. Lámpadas.
Tema 12.- Seguridade e saúde. Traballos en altura. Secuencias de actuación para traballos sen tensión. Secuencias de actuación para dar tensión á instalación despois do traballo. Traballos en proximidade de instalacións en tensión. Manexo de ferramentas. Tensións de seguridade. Normas para traballar en centros de transformación.
Cambios de fusibles. Normas para traballar con condensadores eléctricos. Equipos de protección individual.
b A proba práctica consistirá na resolución dun suposto práctico ou realización dalgunha tarefa proposta polo tribunal sobre algunha das cuestións e materias contidas no temario específico. O tempo para a realización deste exercicio será de dúas horas. Para superar a proba práctica deberá acadarse polo menos unha puntuación de 5
puntos.
c Coñecemento da lingua galega. Esta proba unicamente será obrigatoria para o persoal aspirante que non acredite o título de iniciación da lingua galega ou a validación correspondente, ou estar en posesión do Celga 3.
O exercicio de galego para os/as aspirantes que deban realizar a proba de coñecemento do idioma galego cualificarase como apto ou non apto. Os/as que non o superen quedarán excluídos do proceso selectivo.
B Baremo de méritos:
Non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar as probas da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito: máximo 6 puntos.

Anuncio publicado en: Num BOP 206 año 2019 07/09/2019
06/09/2019 08:00:00
13:26:51

Tema 4.- Ensamblaxe de resistencias. Efectos térmicos da corrente eléctrica. Xeradores de c/c. Leis de Kirchoff.
Utilización actual dos xeradores de continua.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 07/09/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha07/09/2019

Nro. de páginas18

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930