Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 202 martes, 3 de setembro de 2019

BOP de Lugo
Cando se produzan vacantes nun centro de traballo que vaian a ser cubertas por novas contratacións, isto é, cando non vaian a ser amortizadas, os traballadores do centro de traballo con xornada parcial terán preferencia, antes das novas contratacións, á ampliación da súa xornada de traballo, sempre que a vacante estea referida a un posto de traballo para o que o traballador estea cualificado.
Se é o caso, a empresa non terá que recoñecer, respecto da nova xornada ampliada e, polo tanto, aboar, a antigidade que o traballador tivera recoñecida polo resto da súa xornada laboral.
Para o caso de que haxa varios traballadores do centro de traballo con xornada parcial interesados na ampliación da súa xornada, se seguirá a seguinte orde de preferencia:
1. Traballadores do centro de traballo que sufriran reducións da xornada na empresa. No caso de haber neste colectivo mais dun traballador interesado na ampliación, se seguirá a orde de maior antigidade na empresa.
2. Traballadores do centro de traballo por orde de maior antigidade na solicitude de ampliación. No caso de haber varios traballadores interesados ca mesma antigidade na solicitude de ampliación, se seguirá a orde de maior antigidade na empresa.
Caberán excepcións ao réxime anterior cando existan razóns organizativas ou produtivas xustificadas, tal é o caso da necesidade da empresa de recolocar traballadores pola amortización do seu posto de traballo.
Se exclúen do dereito ao incremento da xornada regulado no presente artigo os traballadores que estean prestando servizos a tempo completo téndose en conta a súa prestación de servizos para unha ou varias empresas, neste ou noutros sectores de actividade.
Artigo 12.- PREAVISO FINAL DE CONTRATO
1.- Á finalización do contrato de traballo a empresa estará obrigada a notificalo cese ao traballador/a por escrito e con 15 días de antelación á data de finalización dos contratos de duración igual ou superior ós 6 meses.

2.- Pola súa parte, os traballadores/as que desexen cesar voluntariamente no servicio na empresa e estean contratados por medio de contrato de duración igual o superior ós 6 meses, estarán obrigados a poñelo en conocemento da mesma cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:
- Técnicos.- 30 días - Empregados ou operarios.- 15 días O incumprimento da obriga de preavisar coa referida antelación dará dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador/a unha cuantía equivalente ao importe do seu salario diario por cada día de retraso no aviso.
3.- A empresa entregaralle ao traballador/a copia do finiquito con 5 días de antelación ao cesamento.
Non se dará tal obriga, e polo conseguinte non nace este dereito, se o traballador/a cesa voluntariamente na empresa e incumpre ca súa obriga de avisar coa debida antelación.
O incumprimento desta obriga por parte da empresa levará, pola súa banda, emparellado o dereito do traballador/a a ser indemnizado co importe dun salario diario por cada día de retraso nos prazos de preaviso.
Non se dará tal obriga, e polo conseguinte non nace este dereito, se o traballador/a incumpliu a de avisar coa debida antelación.
Artigo 13.- INDEMNIZACIÓN CONTRATOS NON INDEFINIDOS
As empresas acollidas a este Convenio aboarán aos traballadores/as á finalización dos contratos temporais, incluidos os contratos de interinidade e os contratos formativos, calquera que fose a data na que se concertaran, unha indemnización de cuantía equivalente a:
a No caso de empresas cunha taxa de estabilidade porcentaxe de traballadores/as fixos con relación ao total da plantilla igual ou superior á prevista, para cada período, no artigo 10 do presente Convenio: 12 días de salarios por cada ano de servizo.
b No caso de empresas cunha taxa de estabilidade inferior: 14 días de salarios por cada ano de servicio.
Aos efectos anteriores, teráse en conta como tasa de estabilidade a media de traballadores/as fixos dos doces meses anteriores á data de finalización do contrato temporal con relación á media da plantilla total da empresa para o mesmo período.
Esta indemnización haberá de incluirse no recibo de salarios ca liquidación correspondente ao cese.
Para o caso de que a normativa xeral laboral estableza, durante a vixencia do presente Convenio, indemnizacións superiores ás previstas no presente artigo, aplicaranse automáticamente estas últimas.

Anuncio publicado en: Num BOP 202 año 2019 03/09/2019
02/09/2019 08:00:00
13:02:05

O incumprimento desta obriga por parte da empresa levará emparellado o dereito do traballador/a a ser indemnizado co importe dun salario diario por cada día de retraso nos prazos de preaviso.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/09/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha03/09/2019

Nro. de páginas37

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Septiembre 2019>>>
DLMMJVS
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930