Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 197 mércores, 28 de agosto de 2019

BOP Lugo
b Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
d Estar en posesión da titulación esixida. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
e Posuír coñecemento do idioma galego, que se acreditará segundo o establecido.
f Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía.
g Cumprir, no momento de formalización do contrato laboral temporal, os requisitos esixidos na lei 53/1984, de incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.
h Contar con carnet de conducir e vehículo para os desprazamentos.
i Por tratar con menores, deben contar co certificado do Rexistro Central de delincuentes Sexuais que acredite non ter sido condenado/a en sentencia firme por estes delitos. No caso de non contar con este certificado, deberá presentar como mínimo copia da solicitude do mesmo dentro do prazo de presentación de solicitudes.
No concello facilitaránlles o modelo para facer esta solicitude en caso de precisalo.
3.- INSTANCIAS.
As persoas que desexen entrar a formar parte do proceso de selección, deberán presentar solicitude no modelo oficial que se facilitará nas oficinas municipais e na páxina web do concello.

As solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello, e se fagan a través doutros medios correo, ventanilla única doutra administración, deberán comunicalo dentro do prazo mediante fax ó número 982124110, remitindo copia anexa da solicitude presentada. Serán excluídas todas as solicitudes que non remitiran este avance ó fax dentro do prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de OITO días naturais contan sábados, domingos e festivos contados dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, xa que urxe moito a contratación deste persoal, xa que o curso académico comenza o 11 de setembro.
4.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE.
Coa solicitude deberá presentarse necesariamente a seguinte documentación:
- Copia do DNI ou pasaporte. Ademais, os/as aspirantes estranxeiros/as, deberán presentar documentos que acrediten que son nacionais da Unión Europea ou dalgún dos Estados ós cales, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexan de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Certificado de estudios realizados. Requírese como mínimo a EXB ou ESO.
- Certificado do coñecemento do idioma galego.
- Copia do carnet de conducir.
- No seu caso, documentación que acredite a súa experiencia profesional.
- No seu caso, titulación específica ou cursos realizados que estean directamente relacionados co posto de traballo para a súa baremación.
5.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES E MESA DE AVALIACIÓN.
Serán admitidos os aspirantes que presenten as solicitudes no prazo indicado e reúnan os requisitos establecidos nestas bases e nas específicas.
Unha vez transcurrido ese prazo reuniráse unha Mesa de Avaliación que valorará cada unha das instancias conforme aos criterios establecidos nas bases específicas ao obxecto de elaborar as listas. A Mesa de Avaliación estará integrada por tres persoas que serán funcionarios ou persoal laboral fixo, preferentemente do propio concello de Barreiros, inda que se poderán designar membros doutras Administracións Publicas segundo as necesidades de cada caso.
A Mesa de Avaliación resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nestas bases e nas bases específicas de que se trate, e estará facultada para resolver as cuestións que se promovan durante a valoración dos méritos, así como a adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde deste proceso en todo o que non estea previsto nestas bases.-

Anuncio publicado en: Num BOP 197 año 2019 27/08/2019 11:18:24
28/08/2019 08:00:00

As solicitudes presentaránse no Rexistro Xeral deste concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, incluída a sede electrónica municipal.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/08/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha28/08/2019

Nro. de páginas11

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones