Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 5 DE AGOSTO DE 2019

N.º 178

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA.
DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 24 de xullo de 2019 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Paradela. expediente IN407A 2019-30AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A.
- Domicilio Social: A Batundeira, 2. Velle. Ourense
- Situación: concello de Paradela - Características técnicas:
Substitución do transformador existente 50 KVA no CT 27C646 Tellada por outro de 100KVA e relación de transformación de 20.000/400-230V, realizase tamén un foso de recollida de aceite e as ventilacións necesarias.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, BOE núm. 310 do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro BOE nº 310, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproba o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias e na Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción D.O.G. núm. 54 de 19
de marzo, así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos Decretos 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, cuxas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 24 de xullo de 2019.- A xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica, por delegación da Xefa Territorial en virtude dos artigo 62.3 e 63.1a do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería e Economía, Emprego e Industria.
R. 2354

Anuncio publicado en: Num BOP 178 año 2019 02/08/2019 14:17:00
05/08/2019 08:00:00

- Denominación: CT LUGAR A TELLADA, 27C646 PQ AS CORTES,1 PARADELA

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/08/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha05/08/2019

Nro. de páginas6

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones