Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 050 xoves, 28 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
Así mesmo, a delegación provincial practicou notificación individual aos propietarios dos predios afectados pola devandita instalación eléctrica, que aparecen na RBDA presentada pola empresa promotora o 24/05/2006 e incorporada á citada Resolución do 05/09/2006 da delegación provincial pola que se realizou o trámite de información pública.
Quinto.- Durante o período de información pública presentáronse os seguintes escritos de alegacións dos que se deu traslado á empresa promotora, quen presentou a súa contestación aos mesmos:
- Eduardo Carballo Núñez, en representación de Luís Núñez López, quen figura na RBDA como propietario do predio nº 5, presenta escrito de alegacións no que se opón ao dito proxecto, así como á servidume de paso sobre a súa finca e, ademais, para poder afondar nas súas alegacións, solicita que se lle remita vía fax a correspondente documentación ante a imposibilidade de comparecer a examinar o expediente.
- Eduardo Carballo Núñez, en representación de Concepción Núñez Pérez, quen figura na RBDA como propietaria dos predios nº 30 e 41, presenta escrito de alegacións no que se opón ao dito proxecto, así como á servidume de paso sobre as súas fincas e, ademais, para poder afondar nas súas alegacións, solicita que se lle remita vía fax a correspondente documentación ante a imposibilidade de comparecer a examinar o expediente.
Sexto.- Simultaneamente ao trámite de información pública, a delegación provincial trasladou as separatas técnicas do devandito proxecto de execución, para os efectos de obter o seu informe ao respecto, ás seguintes entidades con bens e dereitos afectados polo mesmo: Confederación Hidrográfica do Norte, Servizo de Estradas de Lugo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Concello de Samos, Concello de Triacastela, Red Eléctrica de España SA e Unión Fenosa Distribución SA.
A respecto da única entidade que non contestou, Concello de Samos, enténdese a súa conformidade coa autorización da instalación proxectada, conforme ao disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Sétimo.- A respecto do estudo de impacto ambiental datado en xuño-2005, solicitáronse informes á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Turismo, Dirección Xeral de Obras Públicas e Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural informou o 16/11/2006 de xeito desfavorable o trazado da liña eléctrica, tendo en conta que incide na zona de protección do Camiño Francés, do Camiño de Santiago, declarado conxunto histórico e patrimonio universal da humanidade. Non obstante, o 13/11/2007 informou de xeito favorable unha nova alternativa de trazado da liña eléctrica, que inclúe unha modificación a partir do seu apoio 21 dende este apoio a liña eléctrica proxectada iría ata o apoio 3 da liña eléctrica existente de OuralTriacastela, chegando á subestación de Triacastela a través dun dos seus circuítos.
Oitavo.- Como consecuencia dunha modificación do trazado da liña eléctrica, o 13/06/2011 a empresa promotora presentou, perante a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria en adiante, xefatura territorial, a seguinte documentación:
- Un modificado ao proxecto de execución titulado Modificación LAT 132 kV Parque Eólico Serra de Oribio Subestación Triacastela, entre apoio 20 e entrada na subestación datado en marzo-2011, e novas separatas técnicas para os organismos afectados, segundo o esixido no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
- Unha addenda ao Estudo de Impacto Ambiental datado en abril-2011, segundo o esixido no Decreto 442/1990, do 13 de setembro,e no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos.
- Un novo proxecto sectorial datado en marzo-2011, segundo o esixido no Decreto 80/2000, do 23 de marzo.
Na addenda ao Estudo de Impacto Ambiental faise unha valoración entre as tres alternativas descritas a continuación, e xustifícase a elección da terceira delas aéreo-soterrada por ser a que provoca un menor impacto global no ambiente:
- Liña aérea: esta alternativa é a proposta inicialmente.
- Liña aérea aproveitando unha infraestrutura existente: esta alternativa, que foi informada de xeito favorable pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural o 13/11/2007, consiste en eliminar o último tramo da liña apoios 22 e 23 e dende o apoio 21 conectar co apoio 3 da liña existente Ourol-Triacastela, chegando á subestación de Triacastela a través dun dos seus circuítos.
- Liña aéreo-soterrada: esta alternativa consiste en realizar soterrado o último tramo da liña dende o apoio 20, dende as inmediacións do Camiño de Santiago ata a entrada na subestación de Triacastela.
Segundo consta neste modificado ao proxecto de execución, suprímense os 3 últimos apoios do proxecto orixinal apoios 21, 22 e 23 e o apoio 20 que se recolocará no percorrido da liña orixinal utilizarase como paso aéreo-soterrado. Desta forma, a liña eléctrica constará dun tramo aéreo con 20 apoios e 3.637,9 m, e outro soterrado de 719 m, dende o apoio 20 ata a subestación de Triacastela.

Anuncio publicado en: Num BOP 50 año 2019 27/02/2019 11:13:12
28/02/2019 08:00:00

As outras cinco entidades presentaron os seus respectivos escritos manifestando a súa conformidade e/ou fixando o seu condicionado técnico, dos que se deu traslado á empresa promotora Fergo Galicia Vento SL, quen presentou a súa conformidade ao respecto.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha28/02/2019

Nro. de páginas36

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728