Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 48 martes, 26 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cervo ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 14 de febreiro de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 0516

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE TURISMO E CULTURA
Anuncio BASES PARA O PROGRAMA DE TEATRO PROFESIONAL 2019 PROSCENIO PARA A PROVINCIA DE LUGO.
A Área de Turismo e Cultura, ten entre as súas competencias as de contribuír á difusión da cultura e do teatro na súa vertente profesional en entidades pertencentes á provincia de Lugo, e ao mesmo tempo as de potenciar a actividade cultural que se desenvolve nos distintos concellos da xeografía lucense.
Por esa razón, ponse en marcha o Programa de Teatro Profesional 2019, PROSCENIO no que poderán participar as compañías profesionais de teatro, de carácter privado, con domicilio fiscal na provincia de Lugo.

Este Programa vai dirixido tanto aos concellos da provincia, que poderán solicitar actuacións para se acolleren a este programa, como a aquelas asociacións culturais da provincia de Lugo, que estean xuridicamente constituídas enténdase con sede ou delegación social na provincia, adaptadas a normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro, que desenvolvan a súa actividade no ámbito territorial da provincia e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura entre o conxunto demográfico lucense.
O orzamento previsto para por en marcha o Programa de Teatro Profesional 2019, PROSCENIO é de 50.000 €. A
distribución da/s función/s por compañías teatrais dependerá da demanda e do atractivo que resulte o proxecto para os solicitantes do Programa, establecéndose igualmente que o cento por cento de todas as funcións asinadas a unha mesma compañía teatral deberá ser inferior a 15.000 € máis IVE, de acordo co establecido no artigo 118.1 da Lei de Contratos do Sector Público. Non obstante, o número máximo de adxudicacións por compañía teatral non poderá superar as 6 actuacións.
En canto ao réxime dos contratos menores, estarase ao disposto polo marco normativo establecido nos artigos 29.8, 118 e 131.3 da Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público.
O caché será o propio de cada compañía teatral profesional, de carácter privado, debendo especificar os gastos de cada función: seguridade social, equipo técnico iluminación, son, etc, pago dos actores e actrices participantes en cada representación, etc Así mesmo, no momento da xustificación da actuación, e previamente ao pago da porcentaxe propia que lle corresponda aboar á Deputación máximo 50% do caché da actuación os grupos de teatro participantes neste Programa deberán achegar documentación coa que se acredite que as actrices e actores están contratados de conformidade o convenio vixente.
O calendario de actuacións irá dende o 4 de maio até o 31 de decembro de 2019 e o caché e a duración das representacións dependerá da tipoloxía e natureza das obras presentadas sendo o caché máximo sen técnica 4.000 euros e de 5.500 euros con necesidades técnicas luz, son, etc.
Do mesmo xeito, os Concellos e entidades solicitantes deberán especificar cal é a súa preferencia para a actuación/s solicitada e sinalando igualmente unha segunda data de reserva para o tipo de actuación/s solicitada/as dentro deste Programa.
A Área de Turismo e Cultura establece que, tendo en conta os cachés das actuacións, que todos os solicitantes os Concellos e as asociacións culturais solicitantes, legalmente constituídas deberán asumir o pagamentocomo mínimodo 50% do custo de cada unha das actuacións concedidas. O resto do caché da compañía teatral, ata o máximo do 50% do custo da actuación correrá a cargo da Deputación de Lugo Área de Turismo e Cultura.
A porcentaxe que aboará a Deputación ata un 50% máximo do custo da actividade, estará condicionada a cantidade que o Concello/Asociación solicitante poida recadar coa entrada simbólica que puidese cobrarse fose o caso-. No caso que esta supere o 50% do caché da actuación, a porcentaxe a aboar polo solicitante beneficiado da actuación será o total da recadación obtida, debendo a Deputación aboar o grupo teatral a porcentaxe restante ata o pagamento do cento por cento da actuación. Neste senso, os grupos actuantes deberán facturarlle á Deputación de Lugo, o 50% como máximo do custo da actividade teatral e o 50% como mínimo ao Concello ou asociación solicitante da función. Por esta razón, non se pagará os grupos de teatros mentres o beneficiario
Anuncio publicado en: Num BOP 48 año 2019 25/02/2019 13:54:31
26/02/2019 08:00:00

Con estes circuítos preténdese activar un sector en serias dificultades na actual situación económica-social para o mundo cultural.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha26/02/2019

Nro. de páginas57

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728