Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 044 xoves, 21 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
Artigo 2. Usos do Auditorio Municipal de Burela.
O Auditorio Municipal destinarase principalmente ao desenvolvemento de actividades de artes escénicas:
concertos, espectáculos e representacións de danza e teatro, cinematográficos, audiovisuais, etc., así como actividades culturais, tales como conferencias ou exposicións, podendo circunstancial e excepcionalmente, destinarse a outro tipo de actividades distintas ás sinaladas.
A utilización do Auditorio Municipal pode derivarse de:
a A organización polo Concello dalgunhas das actividades e espectáculos mencionados anteriormente.
b Autorización municipal para a utilización temporal a favor de colectivos sen ánimo de lucro culturais, educativos ou sociais para a realización de actividades culturais ou espectáculos públicos.
c Autorización municipal para a utilización temporal, a favor de entidades con ánimo de lucro.
Artigo 3. Taxa.
A taxa pola utilización do Auditorio Municipal liquidaranse conforme á Ordenanza Fiscal correspondente do concello de Burela.
Artigo 4. Solicitudes de utilización do Auditorio.
1. A entidade interesada na utilización do Auditorio deberán solicitalo como mínimo cun mes de antelación á celebración da actividade, dirixíndose á Casa de Cultura para acordar as condicións, sendo a área de Cultura o órgano encargado de subministrar a información necesaria acerca da dotación, características e posibilidades técnicas do Auditorio, así como o asesoramento técnico que precisen.
Deberase presentar unha instancia no Rexistro Xeral do Concello, dirixida ao Sr. Alcalde, de conformidade co modelo normalizado que figura como anexo I desta normativa e acompañada do xustificante de pago correspondente da taxa.

2. No caso de que a entidade solicitante cambiase de criterio ou cancelase a data solicitada e/ou adxudicada, deberá comunicalo do mesmo xeito en que se solicitou Concellería de Cultura e Rexistro Xeral do Concello, o máis axiña posible e, en calquera caso, cun prazo mínimo de dez días á celebración do evento, fora dos casos de forza maior, ou aqueloutras situacións debidamente xustificadas, que serán valoradas pola Concellería de Cultura.
3. A entidade solicitante non poderá ceder, subarrendar ou transferir todos ou parte dos seus dereitos sobre o Auditorio Municipal.
4. A entidade solicitante está obrigada a usar as instalacións do Auditorio Municipal co único propósito de prestar os servizos para os actos convidos.
5. A entidade solicitante obterá os permisos e autorizacións precisos para levar a cabo as representacións previstas.
6. A entidade solicitante estará en posesión da correspondente autorización do autor ou dos seus herdeiros para representar a obra responsabilizándose directamente fronte a calquera reclamación a terceiros, fundada en lesión de dereitos de propiedade intelectual da obra para executar, mantendo indemne ao Concello de todos os danos e prexuízos que para a mesma poidan derivarse da interposición das devanditas reclamacións.
7. A entidade solicitante atenderá á liquidación do canon que de acordo á Lei de Propiedade Intelectual proceda aplicar en función da recadación de despacho de billetes.
8. Será por conta da entidade organizadora o pago correspondente aos dereitos de autor derivados das representacións, actuacións e outros que se realicen, en cumprimento das obrigacións derivadas pola Lei da Propiedade Intelectual.
9. Os criterios para outorgar e denegar a solicitude de autorización de utilización temporal do Auditorio e no caso de que máis dunha entidade solicitáseo para unha mesma xornada, serán:
a O interese cultural da actividade.
b A traxectoria da entidade organizadora.
c A posibilidade de cesión segundo os horarios do persoal do Concello de Burela d Douro e os recursos humanos dispoñibles.
e A antelación coa que se presenta a solicitude.
Terá prioridade ante todas as cesións, a programación que realice o Concello de Burela.
10. Os horarios dispoñibles para a cesión serán en horario de mañá de 09:00 a 14:00 h e en horario de tarde de 16:00 a 24:00 h.

Anuncio publicado en: Num BOP 44 año 2019 20/02/2019 14:09:50
21/02/2019 08:00:00

Cando a solicitude chegue ao departamento de Cultura, o solicitante será convocado para confirmar todos os datos contidos na mesma e proceder á firma do documento de cesión de uso.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 21/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha21/02/2019

Nro. de páginas39

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728