Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/02/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 040 sábado, 16 de febreiro de 2019

BOP de Lugo
Cuarto.- O 10/09/2018 a xefatura territorial ditou resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorizacións administrativas previa e de construción para a devandita infraestrutura eléctrica, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 24/09/2018.
Durante o período en que a devandita solicitude se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.
Quinto.- O 21/01/2019 a empresa Viesgo Distribución Eléctrica SL presentou un escrito no que manifesta, en relación co proxecto de execución da devandita infraestrutura eléctrica, a súa conformidade co mesmo en canto ás normas particulares desa empresa e da regulamentación vixente.
CONSIDERACIÓNS LEGAIS E TÉCNICAS

Segunda.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro; na Lei 5/2017, do 19 de outubro; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; e na Resolución do 19/02/2014 da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción.
De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas, RESOLVO
Outorgar á empresa Barras Eléctricas Galaico-asturianas SA BEGASA as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura eléctrica denominada Ampliación do parque de 132 kV da Subestación San Cibrao 132/20 kV con dúas novas posicións de liña, no termo municipal de Lugo expediente: IN407A 2018/8633 AT.
Todo isto con suxeición ás seguintes condicións:
Primeira.- As instalacións de distribución de enerxía eléctrica que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa promotora, BEGASA, titulado Ampliación do parque de 132 kV da subestación San Cibrao 132/20 kV con dúas novas posicións de liña, asinado polo enxeñeiro industrial José María Garayo Rodríguez colexiado nº 13.411 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid e visado polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industrias de Galicia co nº 20181124 e data 25/04/2018, e no que figura un orzamento total de 770.870,67 €.
Segunda.- A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira.- En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, así como demais normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.
Cuarta.- Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.
Quinta.- O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Anuncio publicado en: Num BOP 40 año 2019 16/02/2019 10:17:25
10:45:00

Primeira.- A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 135/2017, do 28
de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; coa Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas; e coa Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/02/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha16/02/2019

Nro. de páginas34

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones

<<<Febrero 2019>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
2425262728