Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/01/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 021 venres, 25 de xaneiro de 2019

BOP de Lugo
ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertedura, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuíente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Lugo, 10 de xaneiro de 2019.- O PRESIDENTE, P.D. Decreto nº 1357/2016, de data 01-7-2016A Deputada Delegada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez.
R. 0156

CONCELLOS
BECERREÁ
Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO

Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago da taxa, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que podan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevado a definitivo se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra o mesmo.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 15/03/2019. Para o cobro dos mesmos, lles serán facilitados os correspondentes recibos en cada posto os días de feira.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 16 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 0160

A FONSAGRADA
Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 14.01.2019, aprobouse o padrón fiscal correspondente ao mes de decembro de 2018 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia polo importe de 9575,39 € e Programa Básico de Axuda no Fogar por un importe de 790,80 €.

Anuncio publicado en: Num BOP 21 año 2019 24/01/2019 10:12:30
25/01/2019 08:00:00

Por Decreto da Alcaldía, de data 15/01/2019, prestouse aprobación inicial ao Padrón da Taxa por postos, barracas, casetas de venta, espectáculos ou atraccións situadas en terreos de uso público correspondente ao 1º SEMESTRE DE 2019.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 25/01/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha25/01/2019

Nro. de páginas5

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones