Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2019

Versión en texto ¿Qué es?Dateas es un sitio independiente no afiliado a entidades gubernamentales. La fuente de los documentos PDF aquí publicados es la entidad gubernamental indicada en cada uno de ellos. Las versiones en texto son transcripciones no oficiales que realizamos para facilitar el acceso y la búsqueda de información, pero pueden contener errores o no estar completas.

Fuente: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 012 martes, 15 de xaneiro de 2019

BOP de Lugo
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A REXENERACIÓN E RENOVACIÓN
URBANA NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE MONDOÑEDO E BARRIOS HISTORICOS DE
SAN LÁZARO E OS MUIÑOS.
En desenrolo dos acordos da Comisión Bilateral celebrada o 26 de Outubro do 2018, relativo á Rexeneración e Renovación Urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro e en relación ao papel xestor do Concello de Viveiro para a execución do Plan e o seu compromiso na elaboración dunha convocatoria para a concesión das subvencións previstas neste acordo.
1. OBXECTO
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión das subvencións destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Mondoñedo, con cargo aos convenios asinados polo Concello para tal obxecto, no marco do Plan Estatal de Rehabilitación Edificatoria 2018 2021 e a Resolución do 3 de agosto de 2018, pola que se regula o procedemento para a participación no programa de fomento de rexeneración e renovación urbana e rural do Plan Estatal de vivenda 2018-2021.
A convocatoria realízase polo disposto nos acordos da Comisión Bilateral celebrada o 26 de Outubro do 2018, relativo á Rexeneración e Renovación Urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Mondoñedo e barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños.
A concesión de subvencións, a través desta convocatoria será en réxime de concorrencia, consonte os criterios de selección dispostos no apartado 5 da convocatoria.
2. BENEFICIARIOS

Non poderán obter financiamento os beneficiados incluídos no programa de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, do programa de Fomento da conservación, da mellora da seguridade e de utilización e de accesibilidade en vivendas, do programa de Fomento do parque de vivenda en alugueiro e do programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade, do R.D 106/2018 do 9 de marzo.
Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, na súa normativa de desenvolvemento ou no artigo 13.2
da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións.
As persoas interesadas, ao formalizar unha solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que este concello estableza nesta convocatoria así como aos demais requisitos que se establezan na normativa reguladora.
3. OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
As obrigas das persoas beneficiarias son as seguintes:
a Realizar a totalidade das actuacións de rehabilitación para as que se concedeu a axuda, de conformidade coa resolución e cualificación provisional.
b Destinar a vivenda a domicilio habitual da persoa promotora ou da persoa arrendataria, no suposto de que se destinen ao alugamento, por prazo non inferior a 5 anos, de conformidade co artigo 31.4 da Lei 38/2003, do 17
de novembro. Este prazo computarase desde a data de notificación da cualificación definitiva, cando se trate de uso propio, ou desde a data de sinatura do contrato de alugamento, para os casos en que se destine a esta finalidade. Tendo en conta que o contrato debe estar comprendido, entre o día seguinte ao da cualificación definitiva e da data de concesión ou pagamento da axuda, segundo establezan estas bases reguladoras.
Comunicar ao órgano instrutor calquera modificación das condicións que motivaron o recoñecemento da subvención que poida determinar a perda sobrevida do dereito á axuda.
c Someterse ás actuacións de comprobación e inspección que a Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Mondoñedo e o Instituto Galego da Vivenda e Solo consideren pertinentes durante a vixencia da subvención.
d Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións. Así coma pola Intervención Municipal.
e Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
f Cubrir os datos necesarios para a tramitación da axuda que sexan esixibles segundo o acordo de financiamento específico asinado.
g As demais obrigas recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 do decembro, xeral de subvencións, e da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Anuncio publicado en: Num BOP 12 año 2019 14/01/2019 11:45:51
15/01/2019 08:00:00

a Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as que reúnan os requisitos establecidos nos artigos 7.2 e 50 do Real decreto 106/2018.

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2019

TítuloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaísEspaña

Fecha15/01/2019

Nro. de páginas13

Nro. de ediciones3289

Primera edición01/03/2013

Ultima edición29/04/2024

Descargar esta edición

Otras ediciones