Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2021

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 055 martes, 9 de marzo de 2021

BOP Lugo
En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real Decreto 842/2002
para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, debendo achegar no seu momento, a documentación esixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 12 de febreiro de 2021.- O xefe territorial, Gustavo José Casasola de Cabo.
R. 0503

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
GABINETE FORMAMCIÓN
Anuncio CONVOCATORIA ACCIÓN FORMATIVA DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA O ANO 2021
A Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento seguindo instruccións da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo propón a convocatoria para a súa realización da seguinte acción formativa:
-

PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS LOCAIS MODALIDADE EN LIÑA

BASES XERAIS
Primeira.- Solicitudes:
1. Os/As interesados/as que desexen participar neste curso presentarán cuberta, en tódolos epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial. Todos os campos son de obrigada cumprimentación.
2. A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos/as aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.
3. O prazo de presentación das solicitudes rematará o 17 de marzo de 2021 ás 13:00 h.
4. Dita documentación dirixirase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Lugo ó seguinte formacion@deputacionlugo.org
E-mail:

Segunda.- Acceso e participación na acción formativa:
1. Poderán participar os/as interesados/as que cumpran os requisitos específicos esixidos no anexo I
2. A Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento poñerase en contacto cos/as peticionarios/as, asemade poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ós teléfonos 982 260 065 e 982 260
036.
Terceira.- Certificacións:
Unha vez finalizado o curso, os/as participantes que superasen o 75% das conexións e as avaliacións, obterán un diploma acreditativo da Universidade de Nebrija con 4 crédito ECTS
Lugo, 4 de marzo de 2021.- O Presidente: José Tomé Roca. A Secretaria: María Esther Álvarez Martínez
Anuncio publicado en: Num BOP 55 año 2021 09/03/2021
08/03/2021 08:00:00
14:09:27

As características e contidos específicos deste curso detállanse no anexo I e desenvolveranse de acordo coas seguintes:

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2021

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data09/03/2021

Conteggio pagine32

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni