Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/09/2020

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 200 martes, 1 de setembro de 2020

BOP Lugo
3. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 11 DE SETEMBRO DE 2020 ÁS 12:00 H. Todas aquelas instancias presentadas fora de prazo serán excluídas. Naquelas accións formativas que, unha vez finalizado o prazo, non se cubriran as prazas ofertadas, manterase aberto ata completarse estas, quedando pechado o devandito prazo cinco días hábiles antes do comezo do curso.
4. A dita documentación dirixirase ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Sección de Formación, por:
-

Presentación directa: No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.

-

Correo postal: Rúa San Marcos, 8 - 27001 Lugo.

-

Correo electrónico: formacion@deputacionlugo.org
-

E demáis lugares de conformidade co artigo. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

SEGUNDA.- ACCESO E PARTICIPACIÓN NAS ACCIÓNS FORMATIVAS
1. Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos no anexo I.
2. Reservarase un 5% do número de prazas para traballadores con discapacidade, en cumprimento co disposto no artigo 11 do Real Decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. Incorpórase como criterio de valoración na participación nos cursos de formación de empregados públicos o estar afectado por unha discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%. A selección efectuarase por separado da quenda xeral, incorporándose a ésta todas as vacantes que queden sen solicitantes.
3. A Sección de Formación poñerase en contacto cos peticionarios, asemade poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ao teléfono 982 260 065.

TERCEIRA.- CERTIFICACIÓNS
Expedirase certificado de asistencia ou certificado de asistencia e aproveitamento ós alumnos/as que asistan ó curso. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións dos cursos presenciais. Unha inasistencia superior ó 15% no cómputo total das horas programadas, imposibilitará a expedición da certificación acreditativa. No caso dos cursos "MODALIDADE EN LIÑA", é obrigatoria a asistencia á sesión presencial, naqueles que así o requiran. Se o alumno non se presentase á sesión presencial, será excluído deste.
a
Certificación de asistencia, ou
b Certificación de asistencia con aproveitamento: trala superación das probas pertinentes, as cales, terán carácter voluntario.
En calquera dos supostos só se expedirá unha única Certificación.
CUARTA.- MODIFICACIÓNS
A Deputación Provincial de Lugo, poderá modificar o desenvolvemento e mailos contidos dos cursos co obxecto de adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
Lugo, 27 de agosto de 2020. O Presidente: José Tomé Roca. A Secretaria Xeral. P.S. O Secretario Xeral Adxunto:
José Antonio Mourelle Cillero ANEXO I
CARACTERÍSTICAS E CONTIDOS ESPECÍFICOS
Código A. F.: 01.01.01.20
Denominación: INCIDENCIAS NA APLICACIÓN DA LEI 39/2015 E 40/2015 NA ADMINISTRACIÓN LOCAL. 1
EDICIÓN. MODALIDADE EN LIÑA
Destinatarios: Personal administrativo C1 e C2 da Administración Local da provincia de Lugo, que interveña na tramitación de expedientes administrativos Participantes: 50
Horas: 30
Datas realización: Do 21 de setembro ao 11 de outubro de 2020
OBXECTIVOS:
-

Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais de ámbalas duas normas e a súa posición no ordenamento administrativo.

Anuncio publicado en: Num BOP 200 año 2020 01/09/2020
31/08/2020 08:00:00
12:18:43

4. A non comparecencia ou abandono dun participante admitido a unha acción formativa terá como consecuencia que, durante un ano, non será admitido ás distintas accións formativas convocadas pola Deputación Provincial de Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 01/09/2020

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data01/09/2020

Conteggio pagine18

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni