Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/10/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 17 DE OUTUBRO DE 2019

N.º 238

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO
TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Susana López Hermida solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.66080.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte 20 días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Ourol ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.
Lugo, 08 de outubro de 2019.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral.
R. 3053

CONCELLOS
GUITIRIZ
Anuncio Aprobados por Decreto da Alcaldía de 7 de outubro de 2019, os padróns da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase vados e da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos terrazas correspondentes ao exercicio 2.019, expóñense ao público na Secretaría deste Concello polo prazo de quince días, a contar dende o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, ao efecto de exame e reclamacións, entendéndose que, no caso de non formularse reclamacións quedarán elevados a definitivos.
Contra os mencionados padróns, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, dende a finalización do prazo de exposición pública, ante a Alcaldesa deste Concello, ou calquera outro recurso permitido polo ordenamento xurídico.
O pago das Taxas de este anuncio será en período voluntario dende o día 18 de outubro ata o día 20 de decembro de 2019 ambos incluidos, de luns a venres e de nove a catorce horas, na tesourería municipal ou nas entidades financieiras colaboradoras.
Advírtese aos contribuíntes que transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario das taxas, no prazo sinalado, as débedas esixiranse por vía de constrinximento, recargas, xuros de mora e custas que se produzan.
Este anuncio ten carácter de notificación colectiva ao amparo do art. 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Guitiriz, 7 de outubro de 2019.- A Alcaldesa, María Sol Morandeira Morandeira.
R. 3054

Anuncio publicado en: Num BOP 238 año 2019 17/10/2019
16/10/2019 08:00:00
14:08:05

As obras solicitadas consisten na construción de piscina e arranxo da cuberta dunha vivenda na finca de referencia catastral 27038A06400323, na zona de policía do rego de Borreiros, no lugar de Borreiros, na parroquia de Merille, no concello de Ourol Lugo.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/10/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data17/10/2019

Conteggio pagine5

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni

<<<Octubre 2019>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031