Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 198 xoves, 29 de agosto de 2019

BOP de Lugo
PEDRAFITA DO CEBREIRO
Anuncio APROBACIÓN PADRÓN DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO DO
MES DE XULLO 2019.
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 1 de agosto de 2019 prestouse aprobación ao Padrón do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda a domicilio correspondente ao mes de xullo de 2019, de acordo co seguinte:
- Padrón correspondente ao mes de xullo : 3964,16 €
Expóñense ao público por prazo de quince días hábiles, ao obxecto de que aqueles que se consideren interesados poidan examinalos e interpoñer contra este as reclamacións que consideren oportunas.
Iniciase asemade o procedemento de recadación, e ao efecto determínase que o período de pagamento en voluntaria é o comprendido entre o 01 de setembro de 2019 e o 01 de decembro de 2019.
Ao día seguinte do vencemento do prazo de ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria.
Contra as liquidacións que se deriven do presente padrón poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contenciosoadministrativo, no prazo de un mes a contar desde a finalización do período de exposición ao público de conformidade co establecido no artigo 14.2.c do real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.
Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contencioso administrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora deste Xurisdición.

R. 2610

RIBAS DE SIL
Anuncio Aprobados por Decretos da Alcaldía de data 07/08/2019 e 20/08/2019 o Padrón SAF do mes de xullo de 2019 e o Padrón da taxa polo Servizo de recollida de lixo rural do 2º Trimestre de 2019, por medio do presente expóñense ao público por prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da súa inserción no BOP ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobados se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Contra o acordo de aprobación dos devanditos padróns poderá interpoñerse recurso de reposición ante o propio alcalde polo prazo de un mes, contado dende o día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición ó público. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición.
O mesmo tempo establecese un período de cobranza en fase de ingreso voluntario de dous meses. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria; procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, a través do Servizo de Recadación da Deputación de Lugo de acordo co establecido no artigo 161 da devandita Lei.
A presente publicación, no suposto de exposición ó público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Ribas de Sil, 20 de agosto de 2019.- O alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega.
R. 2611

SAMOS
Anuncio Resolución da Alcaldía Expediente núm.: 68/2019

Anuncio publicado en: Num BOP 198 año 2019 28/08/2019 11:32:55
29/08/2019 08:00:00

En Pedrafita do Cebreiro 20 de agosto de 2019.- O Alcalde, José Luis Raposo Magdalena.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/08/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data29/08/2019

Conteggio pagine9

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni