Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/08/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 20 DE AGOSTO DE 2019

N.º 190

CONCELLOS
BARREIROS
Anuncio EXPOSICIÓN PUBLICA DA CONTA XERAL 2018
Formada, rendida e informada pola Comisión Especial de Contas deste Concello, en sesión de 12 de agosto de 2019, a CONTA XERAL CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2018 cos estados e anexos establecidos legalmente, exponse ó público polo prazo de QUINCE DÍAS HÁBILES, contados a partir ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Durante o dito prazo e oito días máis, os interesados lexítimos poderán examinala e formular as reclamacións, reparos e observacións que estimen pertinentes, de conformidade co disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

R. 2494

CERVANTES
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Aprobados por Resolución de alcaldía de data 7 de agosto 2019, os padróns que a continuación se relacionan, expóñense ao público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo:

Taxa polo servizo de recollida domiciliaria do lixo 2º trimestre de 2019.

Taxa polo servizo de subministro domiciliario de auga potable e canon da auga 2º trimestre de 2019.

Recursos: Contra o acordo da aprobación dos padróns se poderá interpor recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: un mes contado dende o día inmediato seguinte ao do término do período de exposición ao público dos padróns.
Órgano ante o que se recorre: Alcalde do Concello de Cervantes.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda Consellería de Facenda no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación mediante o padrón.
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, contados a partir do período de exposición pública. Finalizado o exercicio pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003
de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma.
Deputación Provincial de Lugo.
A falta de pagamento do canon de auga no período voluntario suporá a esixencia directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

Anuncio publicado en: Num BOP 190 año 2019 19/08/2019 12:39:47
20/08/2019 08:00:00

Barreiros, 13 de agosto de 2019.- A Alcaldesa, Ana Belén Ermida Igrexas.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/08/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data20/08/2019

Conteggio pagine21

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni