Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

Versione di testo Cosa è?Dateas è un sito indipendente non affiliato a entità governative. La fonte dei documenti PDF che pubblichiamo qui è l'entità governativa indicata in ciascuno di essi. Le versioni in testo sono trascrizioni che realizziamo per facilitare l'accesso e la ricerca di informazioni, ma possono contenere errori o non essere complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

SÁBADO, 10 DE AGOSTO DE 2019

N.º 183

CONCELLOS
LÁNCARA
Anuncio Decreto.- Láncara, na data da sinatura electrónica á marxe.
Tendo previsto ausentarme do termo municipal o periodo comprendido entre os días 6 e 13 de agosto, de acordo co establecido nos artigos 63 da Lei de Administración local de Galicia e 47.1 e 2 do Regulamento de Organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións locais.
Tendo en conta que se atopa tamén ausente o 1º Tenente alcalde, don Pablo Rivera Capón.
RESOLVO
Que me substitúa na totalidade das miñas funcións a segunda tenente alcalde, dona Begoña López Magdalena durante os días 6 a 13 de agosto.

Déase conta ao Pleno da Corporación e publíquese no BOP.
Mandao e asinao o señor alcalde, do que eu, secretaria dou fe.
Láncara, 1 de agosto de 2019.- O alcalde, Darío A. Piñeiro López R. 2406

LUGO
Anuncio Faise saber que ó abeiro da Ordenanza Fiscal Xeral o enderezo fiscal de cada contribuinte é único perante o Concello de Lugo e coincidirá co de empadroamento, salvo notificación expresa ó Concello doutro diferente. Ó
citado enderezo fiscal remitiránse todolos recibos do contribuinte Asimesmo faise saber ós contribuíntes e interesados de que a partir do vindeiro día 20 de agosto e ata o 21 de outubro deste ano, ambos inclusive, pónse ó cobro, en prazo voluntario, o padrón de recibos correspondente ó ano 2019, dos tributos que de seguido se relacionan -

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica
-

Taxa por Aproveitamentos Especiais da Vía Pública Entrada de VehículosVaos
Para o cobramento dos citados tributos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, éstos seránlles cargados nas contas bancarias respectivas o día 7 de outubro de 2019
Para o resto dos contribuintes, os documentos de cobro seránlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectua-lo pagamento en calquera oficina de Abanca, Caixabank, BBVA e Banco Sabadell . No caso de non recibilos, o obrigado ó pagamento deberá persoarse nas oficinas municipais, sitas na Ronda da Muralla, nº 197- 2º andar Facenda Local, para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Advírtese que, transcorrido o prazo voluntario de ingreso sen efectua-lo pagamento das débedas, poderase realizar o mesmo incrementado cun 5% de recargo executivo ata o día 20 de Novembro de 2019, utilizando o mesmo recibo, en calquera das oficinas de Abanca, Caixabank, BBVA e Banco Sabadell; todo elo sen perxuizo de que se poida iniciar o procedemento de constrinximento, co recargo, xuros e custas que se poideran producir Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria
Anuncio publicado en: Num BOP 183 año 2019 09/08/2019 12:25:43
10/08/2019 08:00:00

Notifíqueselle ós interesados.

Riguardo a questa edizione

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 10/08/2019

TitoloBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

PaeseSpagna

Data10/08/2019

Conteggio pagine6

Numero di edizioni3289

Prima edizione01/03/2013

Ultima edizione29/04/2024

Scarica questa edizione

Altre edizioni